Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

11 de abril de 2019

A décima edición do ciclo Poetas Di(n)versos afronta desde o vindeiro luns 15 o último trimestre de actividade, con voces chegadas de tres continentes

A recente gañadora do Premio da Crítica por ‘Tempo fósil’, a coruñesa Pilar Pallarés, participará no recital do 13 de maio

A poesía regresa o vindeiro luns ao centro Ágora. O ciclo Poetas Di(n)versos, a única proposta estable de recitais con continuidade no Estado español desde hai dez anos, retoma a súa actividade na primavera con tres recitais nos que participarán voces chegadas de Galicia, Alemaña, Estados Unidos e Nova Zelandia O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, participou esta mañá no Pazo de María Pita na presentación da programación, nun acto no que puxo en valor "a excelencia e a calidade dunha proposta única no Estado, que ofrece a posibilidade de achegar á veciñanza a poesía no seu idioma orixinal con recitais abertos e gratuítos, e que teñen como lingua vehicular o galego". En total, serán tres citas mensuais as que se sucederán desde o 15 de abril até o 24 de xuño, o día de San Xoán.

A directora de Poetas Di(n)versos, a dinamizadora cultural Yolanda Castaño, foi a responsable de dar a coñecer o programa "dun ciclo que a cidade da Coruña merece" e que propón "todos os meses, agás no período estival, unha cita estable e regular coa poesía contemporánea da man das e dos poetas máis recoñecidos do momento, protagonistas das últimas prácticas literarias en Europa, América ou Oceanía, cos que a veciñanza pode ter un contacto directo e próximo".

Así, o vindeiro 15 de abril, ás 20.30 horas, terá lugar o primeiro dos recitais, no que se escoitará, por vez primeira no ciclo, versos en lingua xermánica. Así, a viguesa Helena de Carlos, Premio da Crítica en 2007 polo poemario Vigo, ademais de profesora de latín e literaturas clásicas na Universidade de Santiago, participará nun encontro co alemán Jan Wagner, "un dos poetas máis celebrados da súa xeración, grande antólogo da poesía alemá moza e traducido a máis de 30 linguas", sinalou Castaño, quen será a responsable de dar a coñecer a tradución dos versos de Wagner feita expresamente para a ocasión.

O segundo recital, que terá lugar o 13 de maio, será unha proposta feminina " de enorme altura poética", segundo cualificou Castaño. A coruñesa Pilar Pallarés, gañadora do Premio da Crítica 2018 por Tempo fósil --galardón que xa obtivo no 1996 co Livro das devoracións--, compartirá sesión coa norteamericana Mary Jo Bang. "Ambas as dúas son poetas consagradas da literatura galega e estadounidense e capaces de poetizar a dor cunha finísima mestría", apuntou a directora do ciclo.

Finalmente, o luns 24 de xuño, a décima edición consecutiva de Poetas Di(n)versos pecharase cunha sesión na que participarán, Carlos Negro, poeta lalinés "que é unha referencia na poesía para a mocidade", segundo salientou Castaño, e a creadora polifacética Hinemoana Baker, "quen exemplifica as últimas poéticas que se están a producir nas antípodas". "Ambas voces falan da terra, a orixe, a familia, a estirpe e o telurismo", aseverou a directora do ciclo.   

Como é habitual, cada unha das citas comezará ás 20.30 horas no auditorio do centro Ágora e contará coa participación dunha libraría de proximidade da cidade, que porá a venda exemplares das obras das voces convidadas para facilitar a sinatura dos volumes.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?