Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

22 de noviembre de 2019

A Maratón C42 correrase en outubro

A Concellería de Deportes presenta o novo calendario de carreiras para 2020 que presenta como novidade o cambio de datas na C42 (4 de outubro) e na carreira popular C10 (26 de abril)

O calendario de carreiras que se celebran na cidade presenta para 2020 unha novidade destacada: a Maratón Atlántica C42 trasladarase ao outono e correrase o 4 de outubro integrándose como referencia deportiva do programa de actos que se desenvolverán na cidade con motivo das Festas do Rosario, festivo local, o que supoñerá un incremento no atractivo turístico da cidade e que permitirá ampliar a súa oferta deportiva. Deste xeito, os responsables da Concellería de Deportes queren animar os corredores e as corredoras a converteren A Coruña nunha cita obrigada na próxima tempada.

A intención da Concellería de Deportes é a de facilitar a preparación previa dos e das participantes máis populares durante a época estival, cun clima máis propenso, así como incentivar a presenza de atletas de nivel nacional e internacional que busquen a obtención de marcas de referencia para os eventos internacionais da seguinte tempada, facilitando unha contorna idónea para esta práctica deportiva. Coincidindo coa Maratón Atlántica C42, continuará celebrándose a tradicional carreira 10 k, como se veu realizando en todas as súas edicións, ademais dun amplo programa de actividades complementarias no que a organización está a traballar.

A decana das carreiras populares da cidade, a Carreira Popular C10, tamén cambia de data no calendario. Celebrarase o 26 de abril. A organización busca potenciar e incrementar a participación de adultos e menores, tanto populares como federados.

Para máis información, www.coruna.gal/carreraspopulares

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?