Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

16 de marzo de 2016

O Ágora acolle mañá xoves, ás 19.30 horas, unha conferencia aberta ao público sobre dereitos e deberes dos e das propietarias de mascotas.

A Patrulla Verde e o persoal do servizo de Medio Ambiente recibirá formación na prevención e loita contra o maltrato e abandono animal.

A edil de Medio Ambiente, María García, coa Patrulla Verde e o responsable de Seguridade Cidadá, Carlos García Touriñán.

A edil de Medio Ambiente, María García, coa Patrulla Verde e o responsable de Seguridade Cidadá, Carlos García Touriñán.

A concelleira María García destaca a "aposta pola formación continuada, dentro das políticas de mellora da convivencia na cidade entre persoas e animais".

A Concellería de Medio Ambiente ofrecerá este venres unha sesión formativa sobre prevención e loita contra o maltrato animal e o abandono, que se enmarca, como destaca a responsable municipal desta área, María García, "dentro das políticas de mellora da convivencia entre as persoas e os animais na cidade, e da protección destes últimos ante casos de violencia e sufrimento". O curso, dirixido aos membros da Patrulla Verde da Policía Local e aberto a persoal do 092 e do servizo de Medio Ambiente, estará impartido pola avogada especialista en Dereito de Benestar Animal Raquel López Teruel, quen ofrecerá unha explicación sobre a lexislación administrativa e penal ao respecto, e fará unha exposición de casos prácticos reais,  así como outras cuestións relativas ao delito de maltrato, o uso de velenos, o abandono ou extravío, ou as actuacións ante animais feridos e de prevención. Unha trintena de profesionais municipais recibirán a formación.

Como salienta a concelleira de Medio Ambiente, a convivencia da cidadanía con animais é un dos campos de actuación da Patrulla Verde, cuxo cometido diríxese a "velar polo ben común baixo criterios de sostibilidade" e que tamén ten competencias no control de residuos nas rúas e limpeza viaria ou a contaminación acústica. Neste sentido, García salientou a aposta do Goberno local por esta unidade, que viu duplicados os seus efectivos xa a finais do ano pasado, e pola coordinación do traballo da área de Medio Ambiente e de Seguridade Cidadá, así como pola "formación continuada" da mesma.

Á sesión informativa específica para a Patrulla Verde, e que foi ampliada a outros servizos municipais, únese, mañá xoves, ás 19.30 horas, no Ágora, unha conferencia aberta a todo o público e con entrada libre impartida pola mesma especialista en Dereitos de benestar Animal, que leva por título "Tenencia responsable de animais e convivencia na cidade", sobre dereitos e obrigas dos e das propietarias de mascotas, e que tamén está organizada desde a Concellería de Medio Ambiente.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?