Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

24 de marzo de 2019

A programación municipal do 8M visibiliza a situación das mulleres en Nicaragua cunha mostra fotográfica documental, microteatro e un obradoiro de máscaras aberto á cidadanía

Os centros cívicos do Castrillón e Mallos, centro Ágora e bibliotecas municipais acollen esta semana as últimas actividades do programa Mulleres que transforman realidades

A programación municipal Mulleres que transforman realidades, vinculada á celebración do 8 de Marzo, afronta esta semana a súa recta final. A proposta da Concellería de Igualdade e Diversidade visibilizará estes días a situación da muller e o papel do feminismo en Nicaragua a través dunha múltiple proposta de actividades, na que tamén colaboran  a Rede de Solidariedade Internacional de Galicia e Solidaridade Galega.

O centro cívico do Castrillón será o espazo no que se centralice esta proposta, que comezará mañá luns, 25 de marzo, coa apertura da mostra fotográfica documental Resistencia nicaragüense con rostro de muller, unha iniciativa que se poderá visitar até o día 29 e que recompila imaxes tomadas por fotoxornalistas que reflicten a actualidade da mobilización e acción feminista no país latinoamericano. A exposición acompañarase o martes 26 dun obradoiro de máscaras, aberto á cidadanía, que pretende recrear e contextualizar o uso das máscaras de Monimbó. Este taller terá lugar entre a partir das 17.00 horas. De seguido, contra ás 18.30 horas, comezará a sesión de microteatro La revolución será feminista o no será, por parte de Magaly Pau, da compañía Las Amapolas. A peza é un monólogo de teatro cabaré que amosa as peripecias que teñen feito as mulleres nicaragüenses nas súas formas de protesta contra o goberno, así como da importancia das súas achegas no cambio político-social do país. A entrada será gratuíta até completar a capacidade do auditorio.

Ademais destas iniciativas, as bibliotecas municipais seguen a ofrecer actividades baixo o paraugas das Mulleres que transforman realidades. Así,  o mércores 27, contra as 19.00 horas, na biblioteca do Fórum Metropolitano, terá lugar o faladoiro #Cuidadanas, unha proposta da Fundación Mujeres que pretende mellorar a calidade de vida das mulleres coidadoras familiares que atenden tanto a maiores como a menores con algún tipo de diversidade, axudándoas a minimizar as problemáticas das tarefas de coidados. Ademais, no propio equipamento da rúa Río de Monelos, esta fin de semana --os días 28, 29 e 30-- pecharase o ciclo Retallos de muller coa proxección, na sala Marilyn Monroe, da película La novia del desierto, de Cecilia Atán.

Artes escénicas

A programación municipal tamén ofrecerá esta semana Cirqueiras, unha gala de circo en clave feminina con distintos números que recollen o máis destacado do panorama das artes circenses en Galicia, na que participarán artistas como Sue Moreno, Raquel Veganzones, Pajarito, Ánxela Blanco e Vanessa Rivas. Durante o espectáculo, que terá lugar o 30 de marzo, de 18.30 a 20.00 horas no centro Ágora, a veciñanza poderá ver acrobacias aéreas, malabares, maxia e clown en clave de humor. A entrada tamén será libre até completar a capacidade do auditorio.

Por último, o centro cívico dos Mallos acollerá o domingo 31 de marzo, entre as 18.00 e as 19.00 horas, o espectáculo para todos os públicos Roedores, da compañía Redrum teatro. A obra, dirixida especificamente para nenas e nenos de entre 4 e 8 anos, é unha fábula dramatizada que fomenta a igualdade, facendo fincapé na igualdade de xénero a través das peripecias das súas protagonistas. A entrada tamén é gratuíta até completar a capacidade do recinto.

Para máis información sobre a programación, pódese visitar www.coruna.gal/igualdade.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?