Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

9 de agosto de 2019

A Xunta de Goberno aprobará a licenza de obra para reformar o IES de Monelos

Na próxima sesión do 13 de agosto tamén se sacará adiante o permiso para as obras de redistribución de oficinas en dúas plantas da delegación da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), en Comandante Fontanes

A Xunta de Goberno someterá a aprobación o próximo 13 de agosto a concesión da licenza para rehabilitar integramente o edificio de ensino IES Monelos, na rúa Montes, 62, e o permiso polo que se reformarán e redistribuirán as plantas sétima e oitava do bloque da delegación española da AEAT (Axencia Estatal de Administración Tributaria) en Galicia, e que está situado na rúa Comandante Fontanes, 10. Coa actuación, o inmoble adaptará estes dous pisos para oficinas.

Noutra orde de asuntos, a Xunta de Goberno acordará unha proposta de acordo para a rehabilitación do edificio administrativo da rúa Gregorio Hernández, número 2. A antiga delegación de Sanidade converterase así no novo espazo público Amizar, que o Goberno autonómico destinará a servizos sociais.

Por outra parte, tamén se lle dará luz verde ao proxecto de pavimentación das rúas Sánchez Bregua e praza de Mina, da praza de Pontevedra, Juan Flórez (desde a Costa da Unión a Marcial do Adalid), Río Tambre, Río Miño, Río Sar e Río Eume, da avenida Alcalde Pérez Arda e da de Chile e Gran Canaria, así como das rúas México e Brasil. As obras completaranse coa reparación de elementos de drenaxe perimetrais á calzada e a posta a cota das tapas de rexistro de distintos servizos.         

No período comprendido entre o 29 de xullo e o 8 de agosto, o concello resolveu un total de 16 licenzas urbanísticas, 100 obras en réxime de comunicado e 25 para o exercicio de actividades en réxime de comunicación previa. Outras 16 foron outorgadas para as de réxime de declaración responsable. Do total de tramitacións, o concello denegou tres e o total de aceptadas foron 160.   

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?