Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

19 de julio de 2019

A Xunta de Goberno Local aproba a operación de préstamo, plasmada xa no modificativo aprobado en maio por 6,5 millóns de euros, para poder executar os investimentos de gran interese para a cidade

O crédito servirá para pagar obras como o viaduto da Ronda de Nelle e para rematar a piscina do Castrillón. Tamén se aprobou o pago de pagos pendentes por valor de 3.052.983 euros e un suplemento de crédito de case un millón de euros para pagar a certificación final da obra da cuberta de Riazor

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a autorización da concertación dunha operación de crédito por importe máximo de 6.505.000 euros para poder financiar as obras do  modificativo de crédito aprobado en maio deste ano. Esta operación de crédito foi referendado polo pleno da anterior Corporación Local.

Entre os investimentos xa aprobados destacan a finalización da Piscina do Castrillón e o viaduto da Ronda de Nelle. Tamén servirá para facer fronte aos pagos dos incrementos no capítulo 1 do Orzamento Xeral, agora prorrogado.

Doutra banda, aprobouse a concesión dun crédito extraordinario para poder facer fronte ás obrigacións de pago (extraxudiciais) contraídas en exercicios anteriores. Entre estas obrigacións destacan os 3.023.983 que se endebedan á Compañía de Tranvías, e dúas facturas de 2016; unha a cargo das camisetas do Coruña Corre por valor de 5.100 euros, e outra por mantemento de hardware por valor de 2.555 euros.

Así mesmo, aprobouse un suplemento de crédito por valor de 943.774 euros para sufragar o custo da certificación da obra da cuberta de Riazor, aínda sen abonar.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?