Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

22 de marzo de 2019

A Xunta de goberno local dá luz verde ao proxecto de urbanización da rúa Damas e ao convenio entre Concello e Consorcio das Mariñas para a xestión dos residuos de Nostián

Entre o 6 e o 18 de marzo, o departamento de Rexeneración Urbana tramitou 189 títulos habilitantes de carácter urbanístico, entre os que se atopan 15 licenzas, 112 obras en réxime de comunicado, 36 comunicacións previas ao inicio de actividade e 8 declaracións responsables

A Xunta de goberno local (XGL) deste venres deu o visto bo á aprobación, entre outros asuntos, do proxecto de urbanización da rúa Damas, na Cidade Vella, así como deu o visto e prace á firma do convenio entre Concello e o Consorcio das Mariñas para a contratación conxunta da xestión do servizo de tratamento e eliminación de residuos da planta de Nostián, un acordo que afianza un proceso de traballo conxunto entre as dúas entidades e que tamén serviu para abordar o anteproxecto de renovación e mellora da planta. O alcalde, Xulio Ferreiro, salientou que se trata de dous acordos que derivarán en actuacións beneficiosas para o espazo público da cidade e para a mellora e optimización dos servizos públicos. Pola contra, o rexedor chamou a atención sobre a toma de coñecemento, por parte da XGL, da firmeza da sentenza pola que se declara ilegal a licenza municipal que o anterior executivo municipal do PP outorgou en 2014 á unha empresa distribuidora para a construción dunha gasolineira en Alfonso Molina, unha sentenza que se vén sumar a outras coñecidas recentemente e que "evidencian que, aínda a día de hoxe, o Concello e a cidadanía da Coruña teñen que facer fronte a indemnizacións derivadas de actuacións urbanísticas levadas a cabo no pasado". A este respecto, o primeiro edil recordou que, entre 2015 e inicios de 2019, o Concello aboou máis de 8 millóns de euros en concepto de indemnizacións e execucións de sentenzas derivadas de actuacións urbanísticas levadas a cabo en pasados mandatos municipais, unha cantidade á que se suman tamén os 3 millóns de euros de indemnización do acordo froito da mediación intraxudicial para por fin ao conflito do edificio Conde de Fenosa, así como as cantidades que aínda restan por aboar derivados dos procesos de expropiación no Castro de Elviña.

Rúa Damas

O proxecto de urbanización da rúa Damas conta xa coa necesaria autorización da Dirección Xeral de Patrimonio. Cun orzamento que sobrepasa o 1,58 millóns de euros, a intervención ten un período de execución estimado de 12 meses. Segundo salientou o alcalde este venres, con este trámite dáse luz verde ao inicio do proceso de licitación que derivará na adxudicación dunha obra que mellorará o pavimento da rúa, conservando os elementos decorativos de cantos rodados da década dos anos 50, e permitirá renovar todos os servizos existentes no subsolo. A intervención está ligada aos fondos europeos captados polo goberno local para desenvolver a estratexia EidusCoruña, cuxas actuacións están cofinanciadas nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do eixe de desenvolvemento urbano do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020. Esta  obra forma parte dun paquete de actuacións de urbanización que o goberno local acomete no casco histórico, dentro do plan de revitalización do barrio e que permitirá actuar, ademais de en Damas, noutros catro espazos que son a rúa Nosa Señora do Rosario, Maestranza, Cortaduría e entorno da Fundación Luís Seoane. O orzamento conxunto é de máis de 3 millóns. 

Con respecto á autorización para levar a cabo un convenio co Consorcio das Mariñas que sirva para xestionar a contratación conxunta do servizo de tratamento e eliminación de residuos da planta de Nostián, Ferreiro chamou a atención sobre o feito de que "desta forma, ambas partes se corresponsabilizan tanto no pago como na xestión e no seguimento do novo contrato de xestión da planta de residuos", deixando atrás un sistema máis baseado nos roles de propietarias e clientes. "Con este cambio, os concellos pertencentes ao Consorcio das Mariñas pasarán a ter unha maior presenza na xestión de Nostián", apuntou. O Concello da Coruña será o encargado da licitación deste proceso de contratación conxunta do servizo de tratamento e eliminación de residuos, no que os concellos do Consorcio "tamén colaboran no proceso de elaboración dos pregos e na elaboración  do anteproxecto técnico de obras de mellora na planta de Nostián". O financiamento da concesión farase de maneira proporcional, de xeito que cada entidade pagará á empresa concesionaria as facturas que lle correspondan pola xestión dos seus residuos. A vixencia do convenio será a mesma que a duración da concesión.

Noutra orde de asuntos, a reunión do executivo municipal tomou coñecemento das licenzas e demais títulos habilitantes menores a 1,2 millóns de euros tramitados polo departamento de Rexeneración Urbana nos últimos 15 días. Así, entre o 6 e o 18 de marzo foron 189 títulos habilitantes de carácter urbanístico. Deles, 15 correspóndense con licenzas, 112 corresponden a obras en réxime de comunicado, 36 comunicacións previas ao inicio de actividade e 8 son declaracións responsables para o exercicio de actividades.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?