Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

2 de marzo de 2019

A Xunta de goberno local dará luz verde á licitación dun novo contrato para o mantemento e coidado dos xardíns históricos, que incrementa investimento e persoal

Cun orzamento de máis de 470.000 euros e un período de vixencia de un ano, o goberno local “pretende dotar a estes espazos dun tratamento acorde ao seu valor histórico, simbólico e ambiental”

A Xunta de goberno local dará luz verde ao inicio do proceso de licitación do servizo de coidado e mantemento dos xardíns históricos da cidade, que terá unha vixencia dun ano e para o que tamén autorizará un gasto de 471.735 euros. A concelleira de Medio Ambiente, María García, indica que o novo contrato incrementa tanto o persoal como a dotación prevista no anterior, que foi resolto polo Concello o pasado ano debido ás infraccións cometidas pola empresa concesionaria. A responsable municipal explicou que "con estes pregos, o goberno local quere dotar estes espazos dun coidado acorde coa relevencia ambiental e histórica destes enclaves da cidade, que teñen algún dos exemplares máis sobresaíntes dos que conservamos na Coruña".  "O contrato ten unha duración dun só ano, á espera de que o vindeiro ano poidamos sacar a licitación un contrato aínda maior e mellorado. Mentres tanto, esta licitación garantirá o axeitado coidado dos xardíns", salienta. "Desta forma, garantiremos o adecuado tratamento dos xardíns de Méndez Núñez, San Carlos, Campo da Leña e praza das Atochas, Obelisco, praza da Fariña, praza do Libro e cemiterio de San Amaro que, ademais, conteñen moitas das árbores máis antigas e de máis valor da cidade", di.

O novo contrato aumenta nun 45% o investimento con respecto ao anterior e multiplica por catro o número de operarios que se lle requiren á empresa adxudicataria, que pasará das dúas persoas que figuraban nos pregos que licitou o anterior goberno local a oito. "Tivemos que incrementar de forma considerable tanto a contía do contrato como os requirimentos xa que, como puidemos ver, a licitación levada a cabo polo executivo do PP foi claramente insuficiente", aclara García, que sinala que o novo contrato levará aparelladas cláusulas sociais e laborais que garantirán tanto a igualdade no cadro de persoal como unhas adecuadas condicións de traballo. O Concello comezou a preparar os pregos para esta nova contratación ao tempo que se iniciou resolución do contrato coa actual concesionaria debido ás deficiencias constatadas na prestación do coidado dos xardíns máis antigos da cidade. "O Goberno local xa resaltou en 2016 as deficiencias que presentaban os pregos do contrato do mantemento xardíns da cidade, e en especial dos espazos verdes históricos, que deixou preparados no anterior mandato polo Partido Popular. O tempo demostrou que este executivo tiña razón, e que o contrato era inviable nos termos que establecían os pregos", recorda a titular de Medio Ambiente.

De forma paralela, ademais, o goberno local ten en marcha un proxecto ligados á estratexia EidusCoruña para a restauración do Xardín de San Carlos. A actuación, que ten un orzamento de 399.000 euros deberá contar coa pertinente autorización da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia. O proxecto EidusCoruña está financiado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do eixo de desenvolvemento urbano do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE).

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?