Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

11 de octubre de 2017

Alberto Lema presenta a primeira edición da Mostra Internacional do Mundo do Ocio MIMOC, "que visibilizará a oferta do lecer existente tanto na cidade como no país"

Alberto Lema presentou a primeira edición de MIMOC

Alberto Lema presentou a primeira edición de MIMOC

O concelleiro de Emprego sinala que Turismo da Coruña contará cun stand propio no encontro, que terá a súa sede central en ExpoCoruña desde mañá e até o 15 de outubro

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, presentou esta mañá a primeira edición de MIMOC, a Mostra Internacional do Mundo do Ocio que comezará mañá na Coruña e que se desenvolverá, até o día 15, nas instalacións de ExpoCoruña e noutros espazos da cidade. Tal e como resaltou o edil, responsable de Turismo da Coruña, a proposta, dirixida a todos os públicos, supón un foro sobre o mundo do lecer e as súas vertentes sociais, culturais e económicas. "MIMOC pretende dar a coñecer a variedade de actividades, entidades e posibilidades que abrangue o ámbito do lecer, e desde o Concello entendemos que é positivo apoiar unha iniciativa que dá visibilidade á industria do lecer que, a nivel de actividade económica e de emprego, supón un activo importante para o municipio e o país", sinalou Lema.Deste modo, MIMOC concentrará no evento diversas iniciativas e tipoloxías do lecer, e abranguerá desde exposicións e comercializacións de produto até actividades para todas as idades que se desenvolverán ao aire libre. No encontro participarán diferentes sectores relacionados co ámbito, como entidades do camping e caravaning, deporte, gastronomía e turismo, xogos e videoxogos, maquetismo e modelismo, artes plásticas e visuais, náutica, novas tecnoloxías e robótica ou automoción, ademais de contar coa participación de profesionais que realizar actividades para persoas con diversidade funcional ou ofrecen servizos específicos para a poboación maior. Tamén haberá espazo para coñecer a oferta de voluntariado que se pode realizar no tempo libre, e Turismo da Coruña contará cun stand propio no que se realizará un evento de showcooking, "co obxectivo de dar a coñecer un dos grandes atractivos da Coruña, como é a nosa cociña", especificou o edil.  

Para máis información sobre as entradas, así como as inscricións ás actividades, pode visitarse a paxina web www.mimoc.eu

Documentos:

Programación MIMOC 2017 (2 MB)

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?