Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

5 de diciembre de 2018

Arte e reivindicación da memoria colectiva definen os novos proxectos da convocatoria Grupo Xerminal que se presentan esta semana

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento presta o seu apoio ás iniciativas ‘Memorial libertario - Atochas 1937’, ‘Ofrécese artista limpa e responsable’ e ‘Irusu Ville’

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento informa da presentación, esta semana, de tres novos proxectos da convocatoria pública de apoio á creación Grupo Xerminal que se desenvolverán en distintos espazos da cidade: Ofrécese artista limpa e responsable, Irusu Ville e Memorial Libertario - Atochas 1937.  

O primeiro deles, Ofrécese artista limpa e responsable, é unha proposta reivindicativa do colectivo +-35, que pretende visibilizar, a través deste proxecto, a situación de precariedade "na que se atopan moitas traballadoras e traballadores do sector artístico, "en especial daqueles nóveis ou que se atopan nun rango de idade que non lles permite acceder a subvencións públicas para facilitar o seu acceso ao mercado cultural".  Logo de ocupar mediante instalacións urbanas distintas rúas da cidade, o colectivo realizará esta semana unha exposición do proxecto na Casa Museo Casares Quiroga. A inauguración será hoxe, mércores 5, ás 20.00 horas e o traballo poderase visitar até o 9 de decembro.

A segunda proposta, Irusu Ville, é da ilustradora Iria Fafián, e parte da palabra xaponesa irusu, "que se utiliza para definir a situación na que unha persoa simula a súa ausencia cando alguén chama á porta". O traballo de Fafián, que se poderá visitar na Fundación Luís Seoane desde mañá, día 6, e até o 19 de decembro, inspírase tamén no teatro das sombras, o mundo dos espíritos e dos contos fantásticos xaponeses. A artista propón "expandir os límites da ilustración"  mediante a creación de imaxes "que traspasen o marco bidimensional para mergullar ao público na atmósfera das ilustracións". Así, propón unha instalación en catro caixas de luz nas que se misturan elementos tridimensionais, como a luz e o son, no marco dunha sala escura, na que se recrea un ambiente misterioso na que as e os visitantes poden experimentar, desde un novo punto de vista, o que acontece nese espazo.

Finalmente, mañá xoves 6 tamén terá lugar a xornada central do proxecto Memorial libertario - Atochas 1937, unha iniciativa que se vén desenvolvendo desde a pasada semana en diferentes espazos da cidade e que pretende poñer o foco sobre o asasinato, na madrugada do 10 de xullo de 1937, de veciñas e veciños das Atochas-Monte Alto por parte das tropas de asalto franquistas. O proxecto, impulsado por Daniel Palleiro, "quere recuperar, esclarecer e reparar a memoria, ademais de render homenaxe ao grupo de militantes libertarias e libertarios da Coruña e visibilizar a resistencia e a loita obreira como parte do carácter e da identidade do barrio".

Deste xeito, mañá, entre as 12.00 e as 21.00 horas, realizarase unha xornada de actividades abertas á veciñanza na praza Cántigas da Terra, nas Atochas --no caso de choiva, trasladarase á Libraría Fiandón--, na que se sucederán charlas, concertos e recitais nas que participarán, entre outras figuras, Emilio Grandío, Claudio Rodríguez Fer e Carmen Blanco, Manolo Rivas, Carmen Cotelo, Xurxo Souto, Astrogirl, Aldara Cidrás, Xosé Lois Martínez e Emilio Argiz. Tamén haberá espazo para as testemuñas de Dolores Ares, Fernando Souto e Chema Palacios, e renderase homenaxe ás loitadoras e loitadores antifascistas da Coruña.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?