Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Cuándo:

9 de abril de 2019

Campaña de Vela 2019 - Deputación da Coruña

Polo concelleiro de Cultura, Deporte e Coñecemento aprobáronse as bases para participar na campaña de vela organizada pola Deputación da Coruña, para rapaces e rapazas que naceron nos anos 2001, 2002, 2003, 2004, 2005, 2006, 2007, 2008, 2009 e 2010

Ábrese o prazo de  presentación de solicitudes de preinscrición, que rematará ás 13:30 h do día 08 de xullo de 2019

Idades: entre os 9 e os 18 anos, ambos inclusive, cumpridos antes do 31 de decembro de 2019.

Datas: Do 29 de xullo  ao 02 de agosto.

Prezo: 25,00 € (vinte e cinco euros), que se ingresarán no número de conta que indique a Deputación da Coruña. Só se fará efectivo o pagamento unha vez confirmada a praza. A incorporación e regreso a e desde as instalacións onde se impartan os curros correrán a cargo das persoas adxudicatarias da prazas.

Requisito: Saber nadar.

Lugar: Estación Náutica Municipal A Coruña, sita na contorna da praia de Oza.

Quendas, prazas e formularios de inscrición:

  • Quenda de mañá (de 10:00h a 14:00h): 20 prazas
  • Quenda de tarde (de 16:00h a 20:00h): 20 prazas

A preinscrición realizarase en liña na seguinte ligazón Fomulario de Solicitude - Campaña de Vela 2019 - Deputación da Coruña , ou presencial nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes do Concello da Coruña sitas na Cidade Deportiva da Torre, Polideportivo do Barrio das Flores e Palacio de Deportes de Riazor.

Procedemento de adxudicación de prazas, bases e requisitos (EXTRACTO, documento completo ao pé da noticia):

1. As solicitudes de preinscrición faranse desde a data de publicación en páxina web de Deportes, ou nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes do Concello da Coruña ata o día indicado pola convocatoria da Deputación: 8 de xullo ata as 13:30h.

1.1. Para as solicitudes non é necesario presentar ningún documento nin ficha, só cubrir os datos na web.

1.2. É imprescindible que os nenos esten matriculados no Concello da Coruña.

2. Listaxe provisional de solicitantes: publicarase a partir 9 de xullo. Ábrese período de corrección de erros de tres días naturais, desde o 10 ao 12 de xullo que se presentarán nos resgistros do Servizo Municipal de Deportes: Cidade Deportiva de Riazor, Cidade Deportiva de La Torre e Polideportivo Municipal Barrio das Flores.

3. Sorteo público: No caso de que o número de prazas solicitadas sexa maior que as ofertadas, procederase a asignar as prazas previo sorteo público no Palacio dos Deportes de Riazor, ante o Secretario Xeral ou o funcionario ou funcionaria no que o delegue o día 15 de xullo ás 10:00, sacando dúas letras que corresponderan coas inicales do primeiro e o segundo apelido, de tal forma que:

3.1. Seleccionarase unha primeira letra que se fará corresponder co corte do primeiro apelido, e a continuación unha segunda letra para o segundo apelido que marcará sobre o primeiro apelido un novo corte. A partir deste segundo corte, procederase a adxudicar as prazas correlativamente en orde alfabética tendo en conta o segundo apelido ata a letra Z (se a houbese), momento en que se cambiará á seguinte letra do primeiro apelido para continuar correlativamente seguindo a orde alfabética, ata, se fose necesario, dar a volta á lista.

3.2. En base o disposto nos arts 49.2 in fine e 53 da Lei 20/2011, de 21 de xuño do Rexistro Civil (BOE 22 Xullo 2011), as preposicións e conxuncións, que acompañan a un apelido non forman parte do mesmo. A estes efectos aclárase que as preposicións, e calquera partícula en xeral, que acompañen a un apelido non forman parte do mesmo.

3.3. En todo caso, terán preferencia na orde de asignación de prazas as persoas que non participasen en edicións anteriores.

4. Listaxe de agarda: Todos os solicitantes que non obtivesen prazas pasan a formar parte da listaxe de agarda.

4.1. Se finalizado o prazo de matrícula previsto na cláusula 6 non se completasen finalmente as prazas, chamaranse os seguintes da listaxe de espera e anunciarase na páxina web a seguinte listaxe de prazas adxudicadas e as novas datas de matrícula. Se as persoas chamadas non se presentasen entenderase que renuncian ás prazas adxudicadas.

5. Publicación de listaxes definitivas: o día 16 de xullo.

6. Formalización de inscricións: os días 17, 18 e 19 de xullo nas oficinas administrativas do Servizo Municipal de Deportes, de 08:00 a 13:30 h., segundo as normas e documentación solicitadas pola Deputación. En caso de non presentarse entenderase que renuncia á praza, e adxudicásense as prazas vacantes seguindo a lista de espera.

Dirección:

Playa de Oza. Playa de Oza. A Coruña

Documentos:

Bases da convocatoria de Campaña de Vela 2019 - Deputación da Coruña (283 KB)

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?