Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

29 de noviembre de 2019

Concurso "Nadal deportivo e creativo" - Concellaria de Deportes

A Concellaría de Deportes quere que os mais pequenos sexan os protagonistas do noso “Nadal deportivo e creativo”. Para iso convoca aos alumnos e alumnas das Escolas Deportivas Municipais a participar nun concurso de debuxo e creatividade.

MODALIDADES DO CONCURSO 

Bases do Concurso (Ou documento adxunto ao pé da notícia)

  • CONCURSO DE DEBUXO "O DEPORTE E O NADAL"

Participantes:  poderá participar exclusivamente os alumnos e alumnas das Escolas Deportivas Municipais que teñan idades comprendidas entre os 6 e os 11 anos cumpridos a 31 de decembro de 2019.

Lugar: os debuxos faranse no Palacio dos Deportes de Riazor nun espazo habilitado ao efecto.

Data: 6 de decembro de 2019 (venres)

Horario: a calquera hora entre as 10:00 e as 13:00 horas.

Dentro de ese horario, os nenos e nenas poden acudir á instalación deportiva e realizar o seu debuxo. Para acceder á instalación será necesario que as nenas e nenos veñan con calzado deportivo.

Durante o tempo do concurso, os participantes estarán en todo momento acompañados polo persoal do Servizo Municipal de Deportes e por monitores,  podendo os pais e nais deixalos as 3 horas na instalación para que debuxen e xoguen.

Materiais: poñerase a disposición dos participante o material necesario para realizar o debuxo.

Límite: só se permitirá un debuxo por participant

Inscrición: para participar debese  traer cuberto o día 6 de decembro o Anexo I (Ou documento adxunto ao pé da notícia) que se achega a esta convocatoria e que estará publicado na páxina en liña www.coruna.gal/deportes.

  • CONCURSO DE CREATIVIDADE: ADORNO DE NADAL CON MATERIAL RECICLADO

Participantes: poderán participar as familias das Escolas Deportivas Municipais.

Neste caso é un concurso colectivo onde pode participar unha unidade familiar (un neno cos seus pais, unha avoa cos seus netos, etc.). O único requisito é que un dos participantes sexa un ou unha alumno/a das escolas.

Os participantes deberán elaborar un adorno de Nadal con material reciclado. Poderán melloralo con algún tipo de coloración ou brillantina. Non obstante, a esencia do adorno ten que ser material xa usado ao que lle temos que dar outro uso.

Lugar de presentación: o adorno de Nadal deberá presentarse nas seguintes instalacións deportivas municipais: CD da Torre, Barrio das Flores ou CD de Riazor.

Prazo: o prazo para presentar o adorno remata o venres 13 de decembro. 

Limitación: só se aceptará un adorno por familia participante.

Forma de presentación: deberá vir dentro dunha caixa de cartón (a que poder ser tamén reciclada). A caixa debe presentarse pechada. No interior da caixa deberá incluírse tamén a solicitude para participar no concurso.

Inscrición: para participar deberase cubrir o Anexo II (Ou documento adxunto ao pé da notícia) que se achega con esta convocatoria e que estará publicado na páxina en liña www.coruna.gal/deportes.

EXPOSICIÓN

A concellaría de Deportes reservase a facultade de realizar unha exposición cos debuxos e adornos presentados. A exposición farase no Palacio Municipal dos Deportes de Riazor e poderase ampliar a outras instalacións municipais en función do volume de participantes.

A exposición realizarase ata o día 7 de xaneiro de 2020

SELECCIÓN DOS GAÑADORES OU GAÑADORAS

Para a selección dos gañadores ou gañadoras constituirase un xurado composto por 5 persoas que forman parte da concellaría de Deportes do Concello da Coruña.

Realizarase unha votación mediante un sobre pechado e elixirase un gañador ou gañadora por cada categoría.

A selección do gañador ou gañadora farase o xoves 18 de decembro ás 14:00 horas no Palacio Municipal dos Deportes de Riazor. A selección será pública.

REGALOS PARA OS GAÑADORES

O gañador ou gañadora de cada categoría chamarase por teléfono para que veña a recoller o seu regalo á concellaría de Deportes. Os regalos entregaranse na semana do 23 de decembro.

O regalo consistirá nun lote de produtos relacionados con esta concellaría ou co Concello da Coruña.

DEBUXOS E ADORNOS PREMIADOS

Os debuxos e adornos premiados quedarán en poder da Concellaría de Deportes do Concello da Coruña que se reserva o dereito de reproducir, utilizar e publicar por calquera medio.

O gañador ou gañadora non terá dereito a percibir ningún tipo de retribución económica polo seu debuxo ou adorno creado.

DEBUXOS NON PREMIADOS

Se transcorridos 15 días dende o peche da exposición ao público, non se recollesen os debuxos ou adornos, entenderase que son doados a este Concello, o cal poderá dispoñer deles libremente.

ACEPTACIÓN DAS BASES

A participación no concurso supoñerá a aceptación destas bases na súa totalidade.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?