Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña/Concello da Coruña

Cuándo:

29 de noviembre de 2016

Convocatoria anual de Cursos de Iniciación ao Golf 2017

golpeo de golf

Esta concellaría presta conformidade á convocatoria correspondente ao ano 2017 segundo o contrato vixente para a xestión, explotación e mantemento do Campo Municipal de Golf Torre de Hércules.

1.- Apróbase a convocatoria anual dos cursos de golf correspondentes ás seguintes quendas:

2.- Cursos, prazos previstos, preinscricións e matrículas para cada quenda: os horarios dos cursos e prazos relativos, as datas de presentación das solicitudes, publicación de listaxes, sorteo e matrícula serán publicados con autorización da Xefatura de Servizo de Deportes, como anexos a esta convocatoria, na páxina web municipal con tempo suficiente para o seu desenvolvemento.

2.1 A matrícula formalizarase no Campo Municipal de Golf Torre de Hércules mediante o pago das tarifas correspondentes segundo a ordenanza fiscal vixente. Para constituírse un grupo será necesario un mínimo de 6 persoas inscritas; en caso contrario facilitaránselles outros horarios ás persoas solicitantes.

3.- Lugar de presentación das solicitudes: a través da web da Concellaría de Deportes (www.coruna.es/deportes) ou nas oficinas do Campo Municipal de Golf Torre de Hércules desde o día 7 ao 15 de decembro. Serán tramitadas en liña.

4.- Idade das persoas solicitantes: a idade mínima para participar nos cursos é de 6 anos. Deberá terse cumprida -ou cumprirse- a idade requirida durante o desenvolvemento do curso (infantil: de 6 a 16 anos; adultos: de 17 anos en diante).

5.- Número de cursos por persoa: cada persoa poderá solicitar un máximo de dous cursos, pero só se poderá matricular nun único curso.

Máis información nas noticias referidas a cada unha das convocatorias e no documento adxunto no pé da noticia

Documentos:

Cursos de Iniciación ao Golf. Convocatoria Anual 2017

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?