Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

31 de octubre de 2018

Convocatoria para confeccionar o Calendario Oficial das competicións ou eventos deportivos do primeiro semestre do ano 2019

O Concello da Coruña, Concellaría de Deporte, pretende confeccionar e aprobar un Calendario Oficial de competicións e eventos deportivos a desenvolver na cidade da Coruña.

O calendario aprobarase de forma semestral, sendo neste caso obxecto de convocatoria a elaboración do calendario oficial do primeiro semestre de 2019.

A finalidade da aprobación do dito calendario é a de facer unha previsión e difusión axeitada das competicións e eventos deportivos que se desenvolven na cidade da Coruña, non só os organizados polo Concello da Coruña senón os promovidos por entidades privadas.

Neste calendario só se incluirán os eventos que se vaian a desenvolver na rúa ou en instalacións deportivas municipais que requiran a previa cesión do espazo.

A convocatoria está dirixida a asociacións, clubs, federacións, fundacións e demais entidades deportivas sen ánimo de lucro, legalmente constituídas como tales e inscritas no rexistro correspondente.

En ningún caso a inclusión dos eventos deportivos no Calendario Oficial dará lugar a cesión gratuíta dos espazos para o seu desenvolvemento nin implicará ningún tipo de colaboración económica por parte do servizo de Deportes.

As entidades que estean interesadas en incluír os seus eventos no Calendario Oficial do primeiro semestre do ano 2019 poderán presentar a súa solicitude no prazo de 1 mes a contar dende o día seguinte ao de publicación da convocatoria na páxina web do Concello da Coruña, sección Deportes.

O prazo remata o día 30 de novembro de 2018. Sen embargo, o prazo poderá prorrogarse por 15 días mais se así o considera necesario o servizo municipal de Deportes.

Consultar aquí as bases

Paxina web Especifica

Documentos:

BASES PARA A APROBACIÓN DUN CALENDARIO OFICIAL DE COMPETICIÓNS E EVENTOS DEPORTIVOS A DESENVOLVERSE NA RÚA OU EN INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS (217 KB)

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?