Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña/Concello da Coruña

Cuándo:

7 de marzo de 2017

Convocatoria para entidades deportivas para el uso de instalaciones en las Campañas de Actividades Deportivas: primavera, verán e Nadal 2017

Exterior San Francisco Javier

Esta concellería, e para a promoción de actividades de fomento e iniciación deportiva, presta conformidade á convocatoria para o uso de instalacións deportivas municipais e publicidade na web municipal, durante o período vacacional escolar.

Bases da convocatoria (EXTRACTO)

1. Dirixido a entidades deportivas con domicilio social no Concello da Coruña, e sen ánimo de lucro, para as súas persoas asociads, colaboradores/as e para aqueles/as posibles socios/as temporais que desexen coñecer unha actividade deportiva nova co obxecto da súa continuidade, é dicir captación de socios/as.

2. Obxectivo: as entidades deportivas poderán presentar proposta de actividades deportivas do tipo campus/cursos/xornadas, cuxo obxecto sexa o fomento e a iniciación deportiva para o período vacacional escolar durante o ano 2017.

  • 2.1. Entenderanse coma actividades deportivas as referidas na Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia no título III.
  • 2.2. Son excluídos expresamente desta convocatoria torneos e competicións e eventos deportivos referidos na Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte no título III.
  • 2.3. Desenvolveranse en tres campañas: primavera, verán e Nadal.

3. Datas para o desenvolvemento das actividades, e prazos das campañas:

  • 3.1. Campaña de primavera: do 6 de abril ao 15 de xuño de 2017
    • 3.1.1. Presentación de solicitudes: do 9 ao 17 de marzo de 2017.
    • 3.1.2. Publicación de listaxes provisionais de uso: 24 de marzo de 2017.
    • 3.1.3. Subsanación: os días 27 e 28 de marzo de 2017.
    • 3.1.4. Publicación de listaxes definitivas de uso concedido: 29 de marzo de 2017.
  • 3.2. Campaña de verán: do 23 de xuño ao 15 de setembro de 2017.
    • 3.2.1. Presentación de solicitudes: do 24 de abril ao 5 de maio de 2017.
    • 3.2.2. Publicación de listaxes provisionais de uso: 19 de maio de 2017.
    • 3.2.3. Subsanación: os días 22 e 23 de maio de 2017.
    • 3.2.4. Publicación de listaxes definitivas de uso concedido: 26 de maio de 2017.
  • 3.3. Campaña de Nadal: desde o inicio á fin das vacacións escolares. Exceptúanse os días festivos ademais do 24 e 31 de decembro, e 6 de xaneiro de 2018.
    • 3.3.1. Presentación de solicitudes: do 2 ao 10 de novembro de 2017.
    • 3.3.2. Publicación de listaxes provisionais de uso: 17 de novembro de 2017.
    • 3.3.3. Subsanación: os días 20 e 21 de novembro de 2017.
    • 3.3.4. Publicación de listaxes definitivas de uso concedido: 24 de novembro de 2017.

4. Presentación de solicitudes nos rexistros municipais de: Cidade Deportiva da Torre, Polideportivo Barrio das Flores, Cidade Deportiva de Riazor e en liña na sede electrónica municipal.

  • 4.1. A información específica e outras aclaracións relativas a cada campaña publicaranse nos taboleiros de anuncios dos centros deportivos municipais, na páxina web citada e no teléfono de información cidadá 010.

Pode consultar as bases completas da convocatoria na seguinte ligazón: Convocatoria campaña para actividades deportivas: primavera, verán e Nadal 2017.

Documentos relacinados:

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?