Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

4 de diciembre de 2018

Culturas apoia a celebración, este mes de decembro, de dúas iniciativas que promoven o debate sobre o estado do ámbito musical e do papel do feminismo no sector

O edil José Manuel Sande presentou as xornadas ‘A Coruña respira música’ e ‘Feminismo e industria musical. A creación dun novo modelo cultural’. Ambas propostas, de acceso libre e nas que o Concello inviste 45.000 euros, terán a súa sede central no centro cívico da Cidade Vella

A Coruña acollerá, entre os días 10 e 18 de decembro, a celebración de dúas iniciativas vinculadas á reflexión e análise do sector musical. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, deu a coñecer esta mañá as xornadas A Coruña respira música e Feminismo e industria musical. A creación dun novo modelo cultural, que o Concello da Coruña apoia, a través de dous convenios de colaboración, coas entidades Músicas ao Vivo (MAV) e Mulleres de Industria da Música (MIM). Tal e como apuntou o edil, ambas propostas "abren o debate e a reflexión sobre o estado do ámbito musical, a profesionalización do sector e outras circunstancias que determinan a situación dun ámbito que aglutina moita actividade na nosa cidade". "A Coruña vive actualmente unha clara efervescencia musical. É unha cidade na que a presenza da música é máis que relevante, e pola que o Concello da Coruña aposta con claridade, como é evidente a través de convocatorias como Grupo Xerminal, Arraigo e de axudas ás salas de artes escénicas; os acordos coa Sinfónica de Galicia e a aposta pola Banda Municipal; programas como o Festival Noroeste Estrella Galicia ou Ardelloeixo; ademais de toda a programación en salas e recintos que formar parte do circuíto municipal", sinalou Sande.

A primeira das propostas, A Coruña respira música, celebrarase entre os días 10 e 15 de decembro e nace co obxectivo de ofrecer unha infraestrutura formativa ás músicas e músicos da cidade e área metropolitana, "que lles permita contar cunha visión global do sector", expuxo Fran Castro, membro de MAV. A iniciativa, na que a Concellería de Culturas inviste 30.000 euros a través dun convenio de colaboración, contará con clases maxistrais de profesionais do sector, como os membros de Sumrrá, Inés Portela, Luís Pastor, Xabier Díaz e Narci Rodríguez. A Coruña respira música tamén contará con encontros e mesas redondas, vinculados aos Premios Martín Códax, o Estatuto do Artista e outros aspectos relacionados coa carreira musical. Ademais, terá lugar unha sesión de encontros entre artistas e programadoras, denominado speedmeeting, e unha homenaxe popular, que terá lugar o sábado 15, "á rúa Cega, a vía musical por excelencia da cidade", apuntou Castro, na que se atopan a sala Jazz Filloa e Discos Portobello. As xornadas completaranse coa exposición sobre fotografía musical Soundtrack, de Juan Pérez Fajardo, que se instalará entre o 13 de decembro e o 6 de xaneiro na Casa Museo María Pita, e concertos ao vivo en distintas salas da cidade.

A segunda das iniciativas, Feminismo e industria musical. A creación dun novo modelo cultural, chega a través cun convenio de colaboración con MIM, ao que se dedicarán 15.000 euros. Tal e como expuxo Patricia Hermida, membro da entidade, esta primeira edición das xornadas, "que nacen con vocación de continuidade", teñen como obxectivo "afondar no debate sobre o papel do feminismo na industria musical, de cara a abordar metodoloxías e solucións factibles que permitan reverter a actual situación de desigualdade no sector".  

Nas xornadas, cuxo acceso será libre e que terán lugar os días 17 e 18 no centro cívico da Cidade Vella, participarán representantes de asociacións feministas así como profesionais do sector. "Cremos que é viable e posible traballar en clave de cambio. A Coruña, a través da riqueza e extensión da súa industria musical, poder ser o estandarte para acadar un cambio real e efectivo", apuntou Hermida, quen avanzou que se presentarán iniciativas de ámbito estatal e internacional "que xa están a traballar nesta perspectiva".  

Documentos:

A Coruña respira música - Cartel e programación (1 MB)

Feminismo e industria musical - Programación (127 KB)

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?