Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña/Concello da Coruña

Cuándo:

21 de abril de 2017

Culturas presenta 'Radiobarrio', un proxecto "para favorecer e dinamizar o contacto entre artistas locais e a súa contorna", e que se desenvolverá en tres barrios da cidade

O concelleiro José Manuel Sande presentou o proxecto 'Radiobarrio'

O concelleiro José Manuel Sande presentou o proxecto 'Radiobarrio', impulsado polo Colectivo de Universitarios Activos (CUAC)

O edil José Manuel Sande destaca “a posta en valor da cultura de proximidade” que promove a asociación Colectivo de Universitarios Activos (CUAC) a través desta iniciativa

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, deu a coñecer esta mañá unha nova iniciativa que forma parte do plan de apoio a asociacións e entidades culturais da cidade, Cultura de barrio, "unha proposta afortunada que nutrirá a cidade, ao longo deste ano, de numerosas propostas socioculturais promovidas por axentes locais, e que dará a coñecer a veciñanza os múltiples activos culturais da Coruña". "Na liña de dinamizar a actividade a través de colectivos locais, así como visualizar o labor destes, hoxe presentamos Radiobarrio, proxecto no que destaca a idea da Coruña Próxima, dunha cidade de proximidade", explicou o edil, "e que vincula espazos de activación comunitaria e liberdade de expresión, e que vén impulsada por unha das entidades históricas e simbólicas da cidade, como é Cuac, responsable da radio comunitaria da Coruña".

O edil estivo acompañado na presentación por Roberto Ansede e Beatriz González, membros da asociación Colectivo de Universitarios Activos, CUAC, que traballa fundamentalmente no eido cultural e da comunicación social a través da emisora comunitaria CUAC FM. O obxectivo de Radiobarrio, "unha idea ambiciosa e novidosa", segundo Ansede, o presidente do colectivo, é dinamizar a actividade cultural de tres barrios da Coruña, como son Monte Alto, Sagrada Familia e Os Castros a través do formato radiofónico, nun espazo aberto e participado pola cidadanía, e que favorecerá novas sinerxias entre as creadoras e os creadores culturais locais, e coa súa contorna "Neste proxecto trasladamos o que temos feito nos estudos da radio, que é dar voz ás e os protagonistas dos barrios, a súa historia e da súas xentes, así como das e dos artistas do mesmo", sinalou Ansede. "Radiobarrio quere dar a coñecer o traballo das e dos artistas que residen na cidade, e fomentar a cultura de proximidade ao poñer en contacto ás creadoras e aos creadores coa veciñanza, e viceversa", engadiu.

O proxecto, tal e como avanzou José Manuel Sande, comezará mañá en Monte Alto cun obradoiro de capacitación radiofónica aberto á veciñanza, en particular, ás e aos artistas que residen no barrio. O obxectivo, segundo explicou Beatriz González, "é facer unha proposta experimental e estimulante, no que as e os axentes culturais sexan as persoas responsables de facer o programa e se mergullen na radio como se esta fose un xoguete". Neste taller, que se celebrará mañá, 22 de abril, desde as 11.30 horas no Centro Cívico de Monte Alto, as e os participantes adquirirán nocións básicas de locución, linguaxe inclusiva e produción radiofónica, ademais de principios xornalísticos. A inscrición, que é gratuíta, pode realizarse a través da web www.cuacfm.org.

Durante a semana, as e os asistentes ao obradoiro realizarán a produción do programa --labor no que terán o apoio da asociación Cuac-- que porán en marcha o sábado seguinte. "A idea é que aquelas creadoras e creadores da música, literatura, cinema, videoxogos ou calquera manifestación relacionada co eido cultural, dean pulo a súa imaxinación nun espazo distinto ao habitual, como é a radio", afirmou González. Así, o próximo día 29 de abril e desde o centro cívico, celebrarase unha emisión en directo entre as 12.00 e as 14.00 horas á que poderá asistir á veciñanza. Este programa, que se poderá seguir a través do 103.4 FM ou por internet a través da web da radio comunitaria, servirá para dar a coñecer a actividade cultural do barrio e, durante a súa emisión, integraranse manifestacións artísticas, nas que se porán en valor aquelas orientadas a valores sociais e comunitarios.

A proposta Radiobarrio, aberta a cidadanía como todas as iniciativas que forman parte da convocatoria Cultura de barrio, terá continuidade na primeira quincena de xullo na Sagrada Familia e na segunda quincena de outubro nos Castros.    

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?