Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

13 de junio de 2019

Ketama, Mala Rodríguez, Susana Seivane e Tequila abrirán as festas de María Pita na primeira semana de agosto

A Sinfónica de Galicia, a Banda Municipal, a Escola Municipal de Música, a orquestra Gaos acompañada de Borja Quiza e a Garufa Blue Devils Band con Sito Sedes serán protagonistas na semana do 12 ao 18 de agosto

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento vén de informar da programación principal que conformará as Festas de María Pita 2019, que se celebrarán a partir do 1 de agosto. Logo da confirmación das datas de iniciativas como o 33ª edición do Festival Noroeste Estrella Galicia ou do XXII Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico, que terán lugar na segunda semana do mes, o edil José Manuel Sande dá a coñecer as actividades musicais que formarán parte "dun programa dirixido a todos os públicos e que afondará na excelencia cultural da cidade", a través da aposta, un ano máis, pola Sinfónica de Galicia. "Por responsabilidade e por compromiso coa veciñanza, contra o que sucedeu á nosa chegada no 2015, desde o goberno local deixamos pechado máis do 70% da programación das festas da cidade, para facilitar tamén que, co avance das datas, o sector do turismo e da hostalaría poidan contar cun novo verán exitoso", apunta Sande.

A banda de flamenco-fusión Ketama abrirá o ciclo de concertos nocturnos As noites de María Pita o día 1 de agosto, cunha actuación que sucederá ao pregón inaugural das festas. Ao día seguinte, o venres 2, será a quenda da rapeira Mala Rodríguez, nunha das paradas da xira que ofrecerá este verán, mentres que o sábado 3 subirá ao escenario da Praza de María Pita a gaiteira Susana Seivane. Por último, o domingo 4 Tequila ofrecerá un espectáculo no marco da súa xira de despedida Adiós, Tequila.   

A segunda semana a música seguirá a ter especial protagonismo a través do 33 Festival Noroeste Estrella Galicia, que se celebrará do 6 ao 11 de agosto e no que participarán máis de 80 bandas e artistas, entre as que se atopan as xa presentadas Patti Smith, Nathy Peluso, Belako ou Paco Ibáñez. Durante estes días, en concreto do 5 ao 11 de agosto, terá tamén lugar unha nova edición do Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico, que contará con artistas como a británica Isabel Greenberg, o mexicano Tony Sandoval ou o francés David Sala.

De cara á terceira semana do mes, a vinculada tradicionalmente ás agrupacións formais ou de música clásica na praza de María Pita, a primeira actuación será a do luns, 12 de agosto, coa voz do barítono Borja Quiza, acompañado da Orquestra Gaos. Ao día seguinte, o martes 13, será a quenda da Escola Municipal de Música e o mércores 14 a da Orquestra de Cámara Galega, impulsada por Rogelio Groba. Na festividade do 15 de agosto a Banda Municipal ofrecerá un singular espectáculo acompañada por Treixadura, e ao día seguinte, o venres 16, terá lugar un ensaio xeral da Sinfónica de Galicia, que actuará no mesmo escenario o sábado 17. A semana pecharase o domingo 18 cun concerto de Sito Sedes acompañado pola Garufa Blue Devils Band.  

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?