Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

3 de diciembre de 2019

A Xunta de Goberno Local daralles luz verde mañá ás obras de reforma da rúa da Nosa Señora do Rosario

O Goberno local tamén aprobará o proxecto de restauración do xardín de San Carlos por un importe de 399.428 euros e a adxudicación de cursos de formación do programa “Coruña Suma” por dous millóns de euros cofinanciados polo Fondo Social Europeo

A Xunta de Goberno Local daralle luz verde á contratación das obras de urbanización da rúa Nosa Señora do Rosario por un importe de 806.330 euros e un prazo de execución de seis meses tras recibir o Concello a autorización de Patrimonio. Estas obras están cofinanciadas nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do programa operativo plurirrexional de España 2014-2020.

O proxecto recolle a eliminación das beirarrúas para deixar unha vía empedrada e de plataforma única. Instalaranse canalizacións para todos os servizos e mobiliario urbano. Este proxecto, xunto á futura reforma nas rúas Damas e Cortaduría, supón un paso importante no plan de mellora de accesibilidade e de mobilidade do centro histórico que foran postas en marcha polo anterior executivo.

No ámbito da Cidade Vella, o Goberno local tamén autorizará o proxecto de restauración do xardín de San Carlos por un importe de 399.428 euros. Esta actuación conta co permiso de Patrimonio Cultural da Xunta, que obrigou no mes de agosto a modificar o proxecto para eliminar a instalación de bancos no muro perimétrico (indicou que, se for necesario, poderían incrementarse o número de bancos móbiles) e solicitou un proxecto de control arqueolóxico. A reforma permitirá que o espazo recupere a súa configuración orixinal. O autor do proxecto é o enxeñeiro agrónomo Pedro Calaza.

A adxudicación por lotes dos cursos de formación do proxecto "Coruña Suma" por un importe de 2.068.698 euros cofinanciados polo Fondo Social Europeo é outro dos asuntos da orde do día de mañá. Os cursos están destinados a persoas con dificultades de inserción laboral. A licitación realizouse no mes de marzo por valor de 2.657.308 euros pero dous lotes quedaron desertos por non presentarse ningunha oferta.

A Xunta deberá tamén ratificar a operación Edusi "Memoria do bordo litoral e fluvial erecuperación de enclaves de costas, fontes, lavadoiros e cursos fluviais do municipio", financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional cun cofinanciamento do FEDER do 80% que xa foi aprobada polo director da UdX Edusi seguindo o Manual de procedemento para aprobación de operacións Eidus, xa que cumpre os requirimentos da Unión Europea para fondos FEDER.

Esta liña contempla entre outros proxectos as obras de mellora de accesibilidade as praiasde Riazor, Oza e San Amaro. O proxecto atópase nestes momentos en período deexposición pública por parte de Demarcación de Costas. Unha vez finalizado este período ese non se presentan alegacións, o Concello poderá licitar as actuacións que teñen un orzamento de máis de 170.000 euros financiados polos Fondos Europeos Eidus. Outras das actuacións previstas nesta operación é a sinalización na contorna da Torre de Hércules e as illas de San Pedro, a construción dunha caseta de observación de aves tamén nas illas e retomar o proxecto para poñer en marcha un museo na cúpula de San Pedro.

De maneira inicial, a Xunta aprobará mañá unha modificación puntual no PXOM para reurbanizar a contorna da estación Intermodal e, deste xeito, garantir os accesos á estacióntal e como quedou establecido no convenio de colaboración coa Xunta e Adif. A modificación xunto coa que xa foi no seu momento á Xunta permite que o Adif realice as obras na estación e que a Xunta poida construír a estación de autobuses nova. O cambio supón unha mellora nos espazos urbanos entre a avenida da Sardiñeira e O Ferrocarril coa construción dunha pasarela por encima das vías. Trátase dun acceso peonil que tamén poderán utilizar as e os ciclistas.

Outros dos asuntos que a Área de Urbanismo leva para a súa aprobación é o cambio na constitución da Mesa pola Mobilidade Sostible co obxecto de integrar a novas entidades vinculadas a mellorar a mobilidade na cidade. O concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, e o seu equipo, tras manter reunións con distintos colectivos, consideraron necesario incorporar algunhas entidades que inicialmente non se tiveron en conta. As novas incorporacións son: os tres sindicatos maioritarios UXT, CC.OO. e CIG, a Confederación Nacional de Autoescolas, o Colexio de Enxeñeiros Industriais, o Colexio de Enxeñeiros de Obras Públicas, a Federación de ANPA; e representantes dos polígonos de A Grela e Pocomaco. Ademais, formarán parte da Mesa con voz e voto un responsable decada grupo municipal do Concello, o concelleiro de Mobilidade, o responsable da área de Seguridade Cidadá e o concelleiro de Medio Ambiente.

Tamén está previsto darlle o visto e prace á concesión de ampliación do prazo de execución das obras de remodelación dos cruzamentos de Salgado Torres, Fernández Latorre e Ramón e Cajal á empresa Canarga SL por un prazo de tres meses. Fixarase a totalidade do prazo en nove meses. A obra deberá finalizar o 21 de febreiro de 2020. Este asunto quedará sen aprobar na última Xunta de Goberno.

Entre outros asuntos, o Goberno daralle luz verde á aprobación definitiva da modificación e corrección de erros da Relación de postos de traballo no Concello aprobada pola Xunta de Goberno Local en agosto de 2017. O Goberno tamén permitirá empregar as instalacións doAcuario para desenvolver a actividade "Durmindo con tiburóns" organizada pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias do 20 ao 30 de decembro, e do 2 ao 4 de xaneiro de 2020. A actividade contará co patrocinio da Corporación Municipal, que eximirá a asociación de pagar pola utilización de espazos públicos. Ademais, autorizarase o gasto e a formalización dun convenio coa Academia Galega do Audiovisual para contribuír ao financiamento da Filme Commision 2019.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?