Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

21 de abril de 2017

O alcalde participa en Yantian no acto da colocación da primeira pedra dunha réplica da Torre de Hércules de 24 metros de altura

O alcalde, durante o acto protocolario de colocación da primeira pedra da réplica da Torre de Hércules

O rexedor salientou o potencial da cooperación entre A Coruña e o distrito chinés en materias como a promoción económica durante o acto, ao que precederon encontros de carácter institucional tanto no distrito como na zona portuaria, unha das principais de China

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, participou este venres, dentro da axenda da delegación coruñesa na viaxe que realiza ao distrito chinés de Yantian -na cidade de Shenzhen-, no acto oficial de colocación da primeira pedra para a construción da réplica da Torre de Hércules de 24 metros de altura, que promove o goberno distrital e que se instalará no Parque da Amizade Internacional do Monte Yandun. No acto, o rexedor coruñés salientou o obxectivo común de ambas cidades, plasmado no Memorandum para Intercambios e Cooperación Amistosa asinado hai un ano no pazo de María Pita, de manter un contacto regular e afondar nas vías de cooperación, de cara a explorar áreas de interese común no campo da promoción económica e outras materias estratéxicas. "Ademais de estreitar eses lazos, esta viaxe e este acto serven para achegar A Coruña a esta costa a través do que é, sen dúbida, o símbolo máis recoñecible da nosa cidade, un monumento declarado como Patrimonio da Humanidade pola Unesco que é parte inseparable da nosa iconografía e da nosa historia e tamén do carácter marítimo e mariñeiro da Coruña, e peza insubstituíble dos atractivos patrimoniais, turísticos, ambientais, culturais e de ocio", destacou o rexedor durante a súa intervención, onde se procedeu á colocación simbólica da primeira pedra da reprodución, cunha peza procedente da contorna da Torre orixinal.

Durante a mañá (hora local), a expedición coruñesa, na que tamén participa o presidente da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC), Antonio Fontenla, trasladouse á zona franca do Porto de Yantian para asistir á cerimonia inaugural do Pavillón de España, dirixido a dar visibilidade ás empresas e establecer relacións comerciais, un acto no que estivo presente o alcalde do distrito, Wu Delin. Do mesmo xeito, a delegación visitou a terminal internacional de contedores da zona portuaria de Yantián, unha das máis relevantes do país asiático por volume de negocio e o terceiro porto a nivel mundial neste tipo de tráficos.

Na xornada de onte, a comitiva acudiu á cerimonia de entrega do selo de calidade europea Top Brand por parte da Federación de Industrias de Shenzhen, que outorgou a certificación de calidade a dúas empresas galegas, como son Larsa e Inditex. De igual xeito, o alcalde participou nun encontro coa Federación de Industrias de Shenzhen -que agrupa a máis de 60 cámaras de comercio desta cidade, na que se encadra o distrito de Yantian-, entidade que xa visitou A Coruña en verán do 2015 de cara a fomentar as relacións comerciais entre as dúas zonas e posibilitar oportunidades de negocio. Deste xeito, a visita do primeiro edil coruñés responde ás relacións establecidas, tanto coa Federación de Industrias de Shenzhen como tamén co distrito de Yantian, cuxo alcalde, Wu Delin, visitou en abril do ano pasado A Coruña e asinou co Concello o protocolo destinado a afondar nas vías de cooperación entre A Coruña e o distrito, tanto no campo comercial e económico como no cultural, o ambiental ou no potencial turístico, e outras materias de interese común.  

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?

Necesitamos tu ayuda

¿Tienes dos minutos para darnos tu opinión sobre la web municipal y así ayudarnos a mejorarla? Te lo agradecemos

Ir a la encuesta

¿Tienes dos minutos para darnos tu opinión sobre la web municipal y así ayudarnos a mejorarla? Te lo agradecemos

Ir a la encuesta