Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

14 de junio de 2018

O alcalde participa na reunión da asemblea xeral das Cidades do Arco Atlántico en Donostia, onde se debate sobre o papel das administracións locais no futuro da UE

Xulio Ferreiro aproveitará a súa asistencia ao evento para manter unha entrevista co rexedor de San Sebastián, Eneko Goia

O alcalde, Xulio Ferreiro, participa este venres na reunión da asemblea xeral da Conferencia das Cidades do Arco Atlántico, da que forma parte A Coruña, e que se celebra, nesta edición, en Donostia. O rexedor aproveitará o desprazamento para entrevistarse co alcalde do municipio, Eneko Goia, que tamén participa nestas xornadas nas que se debaterá sobre A dimensión local e cidadá no futuro da Unión Europea, continuando o traballo desenvolvido ao longo do último ano por esta entidade supramunicipal.

Ademais de Ferreiro e Goia, entre outros cargos públicos, a asemblea contará coa participación do presidente da Conferencia das Cidades do Arco Atlántico e alcalde de Viana do Castelo, José María Costa, ademais das alcaldesas de Santander, Gema Igual (que ocupa a vicepresidencia do Arco) e Rennes, Nathalie Appere. Tamén está confirmada a presenza do deputado xeral de Gipuzkoa, Markel Olano, a deputada europea Isabel Thomas, o membro do Concello de Birmingham, Albert Bore, o director xeral da Estratexia Marítima Atlántica do Ministerio de Asuntos Exteriores, Jaime del Olmo, a vicepresidenta da Aglomeración de La Rochelle, Sylvie-Guerry Gazeau e o vicepresidente da Aglomeración da Metrópole de Brest, Dominique Cap. O rexedor coruñés salientou "a importancia de encontros coma este, que referendan o lugar que ocupa A Coruña dentro das experiencias municipalistas innovadoras, así como a oportunidade que supón á hora de abordar estratexias conxuntas de colaboración entre cidades".  Ferreiro recordou, ao fío, que o pasado ano, A Coruña acolleu o Buró Executivo da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico onde se asinou a Declaración da Coruña, documento que serviu para marcar as liñas de cooperación dos municipios atlánticos.

O primeiro edil salientou que a asemblea das cidades do Arco Atlántico tamén contará cun encontro coa responsable ministerial de proxectos dentro do programa europeo URBACT. "Precisamente, A Coruña está a desenvolver un proxecto de colaboración coas capitais de Roma e Lituania, Roma e Vilnius, dentro da rede rural deste programa europeo, baseado na transferencia de boas prácticas en política alimentaria sustentable e agricultura urbana", dixo.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?