Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

13 de junio de 2018

O alcalde salienta que a recuperación das cinco bandeiras azuis nas praias urbanas, así como o título de senda azul para o ‘Sendeiro Atlántico’ da costa coruñesa “referendan o traballo do goberno local a prol do medio ambiente”

No acto público de entrega das distincións, Ferreiro salientou o programa ‘Vertido Cero’ impulsado pola Concellería de Medio Ambiente e que influíu directamente na mellora das augas de Oza

O Concello da Coruña recibiu este mércores a distinción da bandeira azul para as cinco praias urbanas, ao recuperar a perdida en 2014 polo areal de Oza, e, por segundo ano consecutivo, o recoñecemento de Senda Azul, para o Sendeiro Atlántico promovido polo executivo municipal, que fomenta o uso sostible da costa coruñesa e traza un itinerario que discorre polas praias coruñesas, así como pola contorna de Punta Herminia e a Torre de Hércules e as Illas de San Pedro. Nun acto celebrado en Riazor, o alcalde, Xulio Ferreiro, destacou que estes galardóns son "un recoñecemento ao traballo feito nos últimos anos nas políticas ligadas á rexeneración ambiental". "Hoxe, día no que A Coruña recibe as bandeiras azuis para Riazor, Matadoiro-Orzán, As Lapas, San Amaro e Oza, quero reivindicar que o cambio era e segue sendo preciso. O cambio nas políticas públicas ligadas á conservación do medio ambiente, de forma que estas non sexan entendidas como unha obriga, senón como unha oportunidade", indicou.

Así, recordou algunhas das medidas postas en marcha nos últimos tres anos e que, entre outros factores, derivaron nos recoñecementos recibidos esta xornada. "Hai moitos retos que estamos a cumprir con nota en materia ambiental, como o feito de dotar da protección merecida e nunca dada até o momento de dous espazos tan significativos como a contorna de Punta Herminia e as Illas Atlánticas, nestes momentos en trámite de aprobación inicial e definitiva por parte da Xunta", recordou o rexedor, que tamén fixo alusión ao plan de expansión do arborado, polo que 2018 rematará con 1.500 novas árbores na cidade o que se traduce nun 10% máis e un investimento de máis de 600.000 euros, así como co control sobre as especies que favorecen a propagación de lumes. A recuperación de espazos naturais no ámbito urbano tamén foi outro dos eixes da acción da Concellería de Medio Ambiente, dirixida por María García, polo que o primeiro edil manifestou a importancia da reforma que experimentou a lagoa de Eirís. Ao fío, tamén puxo en valor futuras actuacións neste senso como "a recuperación dos senlleiros espazos fluviais do noso Concello". "Nos últimos tres anos a veciñanza da Coruña aumentou os seus índices de reciclaxe así como avanzamos no coidado do noso entorno e, especialmente das nosas praias, con programas como Móllate", dixo o mandatario local, que tamén salientou o traballo desenvolvido en espazos ambientais de carácter histórico como a roseira de Méndez Núñez, "ou nos xardíns de San Carlos e Azcárraga, que tamén serán intervidos en breve".

Non obstante, o rexedor sinalou que o programa que máis influíu na recuperación da quinta bandeira azul de Oza é o denominado 'Vertido Cero'. "Neste momento, podemos dicir que estamos a un paso de conseguir o obxectivo que nos marcamos nada máis chegar a María Pita e que pasaba porque nesta cidade non se produza ningunha emisión incontrolada ás nosas augas", dixo. "Dende o Concello, fomos quen de poñerlle couto ás verteduras non controladas que se detectaron en moitos puntos da cidade, como no Campus de Elviña, na sede da Xunta en Novos Ministerios, nas Xubias, en Palavea ou no entorno do Fórum Metropolitano. Estes puntos en concreto desembocaban no río Monelos e, posteriormente, no mar, afectando de forma directa ás augas de Oza", comentou. "En 2014, o Concello perdeu esta bandeira azul debido ás malas analíticas das súas augas. Este ano, a recuperamos", manifestou.

Ao fío, o alcalde tamén manifestou a necesidade de que o Ministerio de Medio Ambiente aborde "a tantas veces prometida rexeneración da Ría do Burgo e o seu curso fluvial, converténdoo no principal corredor ecolóxico da comarca".

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?