Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

8 de febrero de 2019

O Centro de Planeamento Familiar ofrecerá no Fórum Metropolitano o venres 22 a obra de teatro 'Muxua (Un bico)', que aborda cuestións como a identidade sexual ou a homofobia

A entrada para a actividade, dirixida á mozas e mozos de máis de 12 anos, será de balde. O billete poderase retirar do luns 11 de febreiro a través da plataforma web www.ticketea.com

O Fórum Metropolitano acollerá o vindeiro venres 22 de febreiro, ás 20.00 horas, a representación da obra Muxua (Un bico). A iniciativa forma parte da programación que oferta o Centro de Planeamento Familiar (COF), espazo dependente da Concellería de Igualdade e Diversidade, dende o que se traballa pola educación afectivo-sexual e o fomento e sensibilización da igualdade na diversidade.

A obra, interpretada pola compañía Tantaka Teatroa, aborda a vida de Lorenzo, un rapaz adolescente que, tras pasar por un orfanato, chega a unha familia de acollida nunha pequena cidade de Italia. Neste municipio namórase doutro mozo, Antonio, que non sabe reaccionar ante os afectos do protagonista. A proposta, directa e sinxela, diríxese á mocidade de máis de 12 anos coa idea de abordar, de xeito natural, cuestións como a identidade sexual, a homofobia, o acoso ou o conservadorismo na escola.

A entrada para Muxua (Un bico) é gratuíta, pero os billetes deberanse retirar, con antelación, a través da plataforma web www.ticketea.com, a partir das 10.00 horas do vindeiro luns, 11 de febreiro. Para máis información sobre esta e outras propostas educativas ou formativas do COF, pódese visitar o web www.coruna.gal/igualdade.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?