Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

8 de agosto de 2018

O Concello abre o prazo de inscrición da XII Carreira Popular Coruña10, que se celebrará o 7 de outubro

Na proba, que percorrerá o Paseo Marítimo, poderán participar atletas con cadeiras de rodas homologadas

Coruña10, a carreira popular de maior traxectoria das organizadas polo Concello da Coruña, abre o seu prazo de inscrición. A proba, que se celebrará o vindeiro 7 de outubro, forma parte do calendario oficial da Federación Galega de Atletismo (FGA), e a Real Federación Española de Atletismo (RFEA). O circuíto, homologado pola RFEA, presenta un perfil practicamente chairo, que transcorrerá pola calzada do tráfico rodado, sen utilizar ningunha zona peonil, e que terá a súa saída no paseo da Habana contra as 10.00 horas. As e os deportistas populares percorrerán, desde xeito, 10.000 metros polo Paseo Marítimo da enseada do Orzán, achegándose dun extremo a outro do mesmo, entre as rotondas do Millennium e da Torre de Hércules. A meta situarase, como é habitual, fronte ao Pazo dos Deportes de Riazor. Un ano máis, a proba reforzará o seu carácter integrador e facilitará a participación de atletas en cadeira de rodas homologadas e que cumpran coa normativa do IPC Athletics. Na Coruña10 estableceranse diferentes categorías en función da idade: Junior/Sub20,  (atletas do ano 1999-2000), Promesa/sub23 (1996, 1997 e 1998), Senior (nadas e nados no ano 1995) e anteriores. Establaceranse tamén catro modalidades para persoas veteranas, Master, en función da idade e, por último, outra de persoas con diversidade que disputen a proba en cadeira de rodas (nadas ou nados en 2000 e anos anteriores). Haberá recoñecementos para as primeiras persoas clasificadas de cada categoría, así como para as e os primeiros atletas locais e de Galicia, nunha cerimonia que terá lugar, a partires das 13.30 horas, xunto ao Pazo dos Deportes. Ademais, como é habitual nas carreiras populares municipais, co obxectivo de fomentar a práctica deportiva entre todos os públicos, celebraranse carreiras para menores de idade.

A inscrición para participar na XII Carreira Popular Coruña10 pódese realizar a través da web da FGA, https://www.carreirasgalegas.com/, até as 23.59 horas do 23 de setembro. O Concello mantén, un ano máis, os prezos da cota de inscrición, que é de 5 euros - agás para as persoas menores de idade, que é gratuíta-.  sen necesidade de alugar chip para a cronometraxe, xa que o dispositivo estará integrado no dorsal. Unha vez finalice este prazo, e até as 23.59 horas do día 30, abrirase unha segunda quenda extraordinaria na mesma plataforma, sendo a cota de 8 euros.  

Na web municipal www.coruna.gal/carreiraspopulares, pódese consultar o regulamento completo da carreira. Neste espazo actualizaranse os servizos que terán as e os corredores o vindeiro 8 de outubro, así como outras novidades da competición.

Documentos:

Percorridos Coruña10 (706 KB)

Regulamento Coruña10 (172 KB)

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?