Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

13 de abril de 2019

O Concello asigna 192 novos destinos ás funcionarias e funcionarios municipais no primeiro concurso de traslados celebrado nunha década

A concelleira de Facenda, Eugenia Vieito, indica que, á espera da resolución do período de alegacións, o 85% das 227 prazas ofertadas na primeira fase da convocatoria foron adxudicadas. “Procesos coma este serven para avanzar na recuperación de dereitos do funcionariado e para poñer couto ao uso continuado das comisións de servizo”,indica

O Concello vén de resolver de forma provisional e á espera da resolución do período de alegacións a fase inicial do primeiro concurso de traslados posto en marcha nunha década. Esta convocatoria, dirixida a persoal funcionario pertencente aos grupos AP e C ofertaba, nesta primeira fase, a posibilidade de mobilidade en 227 postos de traballo, dos que 192 foron adxudicados. Para a concelleira de Facenda, Eugenia Vieito, "este procedemento é un paso máis dentro do traballo encamiñado á restitución dos dereitos do funcionariado". A edil fai notar que "ademais, procesos coma este serven para poñer couto ao uso continuado por parte das administracións locais das comisións de servizo como fórmula para suplir necesidades urxentes de persoal en determinados servizos".

Esta resolución provisional, que pode consultarse na páxina web do Concello, constitúe a primeira fase deste proceso, que conta cunha segunda convocatoria, denominada " fase de resultas", que recollerá os postos que queden sen cubrir, unha vez se resolva de forma definitiva a adxudicación inicial. "O resultado desta convocatoria supón un avance moi importante xa que, na liña do que conclúe a propia xustiza, estamos a solucionar unha parte moi importante das comisións de servizo existentes até o momento e que se levaron a cabo, precisamente, porque no Concello da Coruña non houbo un concurso de traslados en dez anos ", indicou.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?