Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

11 de febrero de 2016

O Concello asumirá as actuacións “de urxencia” para reparar as filtracións no CEIP María Barbeiro e esixirá á Xunta que asuma a súa competencia e substitúa as cubertas do colexio

A concelleira Silvia Cameán acudiu esta mañá ao centro escolar tras recibir o aviso de que se estaban a producir goteiras, e xa contactou coa empresa de mantemento, para iniciar as reparacións “tan pronto sexa posible”

A concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, cuxo departamento ten tamén competencias en materia de Educación, acudiu na mañá deste xoves o CEIP María Barbeiro, no Ventorrillo, para comprobar o estado no que se atopan as cubertas do centro, ante a alerta de filtracións no interior do centro das que avisou hoxe o equipo directivo. Á vista das goteiras e humidades, a responsable municipal comprometeuse coa directiva do centro a realizar á maior brevidade posible “as reparacións de urxencia” que precisa o colexio, e a requirir á Xunta para que asuma os traballos para a substitución desta e outra cuberta, toda vez que o Concello ten en licitación o arranxo dunha terceira –o centro escolar componse de tres edificios máis un pavillón– e que “é a administración  autonómica a que ten a competencia nesta materia”.

“O Concello vai facer o que lle corresponde, pero tamén vai esixir á Xunta que faga o que lle toca”, incidiu Cameán, quen adiantou que o Goberno local xa se puxo en contacto co servizo de mantemento, que mañá mesmo acudirá ao centro para iniciar as comprobacións previas para realizar os traballos. As reparacións, apuntou, comezaranse “tan pronto sexa posible tecnicamente”, aínda que precisou que é necesario que pare de chover para poder acometelas. Con todo, a concelleira fixo notar que esta é unha solución momentánea, polo que urxe ao Goberno  autonómico a substituír as cubertas, dada a súa antigüidade e o grao de deterioro no que se atopan.  “Trátase de pequenas actuacións para evitar que siga entrando auga, pero o que non pode o Concello é asumiu obra maior, porque esa é competencia da Xunta”, expuxo a concelleira, quen anunciou que o Goberno coruñés vén de solicitar unha xuntanza co conselleiro de Educación para abordar os problemas deste colexio e esixir que se leven a cabo estas obras.

Desde o inicio do presente curso escolar, fai notar a responsable municipal de Educación, o Concello leva acometido máis de 40 actuacións no María Barbeito desde o inicio deste curso escolar, moitas delas dirixidas a reparar pingueiras e filtracións, entre reparacións de fontanería e albanelería ou limpeza de canalóns, entre outros traballos.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?