Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

29 de septiembre de 2017

O Concello convoca o concurso fotográfico para o Calendario Municipal 2018, que este ano ten como tema central a relación da Coruña co mar

O xurado do Calendario Municipal 2017

O xurado do Calendario Municipal 2017

O prazo de presentación de propostas manterase aberto desde o 1 de outubro e até o 1 de novembro. As persoas gañadoras recibirán un exemplar da obra ‘Vivian Maier. Street Photographer’ e obterán un ano de acceso gratuíto aos Museos Científicos coruñeses, ademais de dez copias do almanaque

O Concello da Coruña abre o vindeiro domingo, 1 de outubro, o prazo para participar no concurso fotográfico 'Calendario Municipal 2018', que servirá para seleccionar as 12 fotografías actuais que forman parte do almanaque que o ente municipal edita cada ano, que se completa con 12 imaxes antigas, e, en caso de decidilo así o xurado, para elixir tamén a foto da primeira páxina do mesmo. Nesta edición, a temática das fotografías versará sobre A Coruña e a súa relación co mar "como parte esencial da súa identidade". "O mar como paisaxe emocional, como motor da actividade económica e social da veciñanza, como espazo de lecer e de reflexión cara ao futuro, de concienciación da nosa contorna, como ben común", tal e como queda explicitado nas bases do concurso. Deste xeito, as persoas que queiran participar poderán facelo enviando as súas propostas desde o domingo 1 de outubro e até o mércores 1 de novembro, ao enderezo electrónico concursofotografico@coruna.es, indicando no asunto a lenda 'Concurso calendario municipal 2018'.

Cada persoa poderá participar con até un máximo de tres fotografías en cor, cuxo formato será un arquivo dixital en formato JPG cun mínimo de 3 megapíxeles. Os traballos deberán enviarse ao enderezo electrónico anteriormente sinalado, como arquivo adxunto --no caso que o envío teña máis dunha fotografía, deberán ser un arquivo Zip-- ou pola plataforma We Transfer. As bases completas están dispoñibles na páxina principal da web municipal, www.coruna.gal.

O xurado, que estará composto por sete membros nos que se incluirán integrantes do colectivo Fotoxornalistas Coruñeses e concelleiros e concelleiras da corporación coruñesa, deberá fallar os premios antes do día 10 de novembro, elixindo 12 fotografías de 12 participantes diferentes, ademais doutras 6 propostas que integrarán a 'lista de reserva'; tamén, no caso de que así o considere por cuestión de calidade, poderá seleccionar unha fotografía para a primeira páxina. As persoas gañadoras recibirán como premio un exemplar da obra Vivian Maier. Street Photographer, e gañarán un ano de acceso gratuíto aos Museos Científicos coruñeses, ademais de dez copias do almanaque, no que aparecerán publicadas as fotografías gañadoras coa firma dos e das autoras.

Documentos:

BASES CALENDARIO MUNICIPAL (234 KB)

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?