Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

12 de septiembre de 2017

O Concello cualifica de “boa noticia para a cidade” que os xulgados ratifiquen a súa postura sobre o remate da concesión dos espazos sobre os que asenta o hotel NH

O alcalde, Xulio Ferreiro, e a concelleira de Igualdade, Rocío Fraga, nun acto celebrado este mércores da Fundación María José Jove

O alcalde, Xulio Ferreiro, e a concelleira de Igualdade, Rocío Fraga, nun acto celebrado este mércores da Fundación María José Jove

O goberno local abre un período de reflexión e estudo de cara a compatibilizar o uso hoteleiro con outros de interese público

O Concello saúda a decisión do xulgado contencioso administrativo número 1 da Coruña de desestimar, nunha sentenza de primeira instancia, o recurso administrativo interposto pola sociedade que na actualidade posúe a concesión administrativa para o aproveitamento do edificio que alberga o hotel NH Atlántico, nos Xardíns de Méndez Núñez. A firma decidiu recorrer, vía xudicial, unha resolución da Concellería de Facenda, ditada o 11 de maio do pasado ano, que fixaba en agosto de 2018 a data de finalización da concesión vixente, xusto cando se cumpren 50 anos do período máximo de explotación que aparece recollido nos pregos. O xulgado ampara a interpretación que no seu momento realizou o executivo local, que sitúa a data de inicio da concesión en 1968, tal e como ratifican numerosos arquivos fotográficos e xornalísticos da época. O alcalde, Xulio Ferreiro, manifestou este martes que "aínda que a sentenza deba ser acollida con cautela por non ser firme, trátase dunha boa noticia xa que lle dá a razón ao Concello na súa defensa dos intereses municipais, o que é sinónimo de novas oportunidades para a cidade". "Hoxe en día, a cantidade económica que a sociedade Parisiana SA aboa ao Concello pola concesión administrativa que detenta é claramente insuficiente. Estamos falando de algo máis de 2.500 euros pola ocupación dun edificio público", comentou o rexedor, que indicou que, ademais, "este non é, nin moito menos, o prezo que, polo que semella, paga NH polo uso do edificio". "En resumo, hai unha empresa que realiza un labor, digamos, de intermediación, e que consegue un resultados de explotación moi satisfactorios, sen que iso teña unha repercusión para o Concello e, por tanto, para o conxunto da cidadanía".

En canto ao futuro deste espazo, situado nos Xardíns de Méndez Núñez, o primeiro edil insistiu en que a pervivencia da actividade hoteleira non está en cuestión, na medida en que este uso é de interese para a cidade e leva asociados unha serie de postos de traballo. "Unha vez resolta a cuestión da localización dunha residencia pública universitaria, cousa que se materializará no colexio Calvo Sotelo grazas ao un acordo entre Deputación da Coruña, a Universidade e o Concello, temos claro que a cidade segue a necesitar prazas hoteleiras, como puidemos ver moi ben tanto este verán como o anterior", mencionou o rexedor. "Os e as empregadas do hotel poden estar tranquilas, porque nós apostamos por manter este uso", dixo Ferreiro que, non obstante, destacou que si podería dotarse a algún dos espazos comprendidos na concesión dun uso público. "Imos ver como se compatibiliza, para o que abriremos un período de reflexión e estudo", subliñou. "O único interese é favorecer ao ben común e o conxunto da cidadanía", engadiu.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?

Necesitamos tu ayuda

¿Tienes dos minutos para darnos tu opinión sobre la web municipal y así ayudarnos a mejorarla? Te lo agradecemos

Ir a la encuesta

¿Tienes dos minutos para darnos tu opinión sobre la web municipal y así ayudarnos a mejorarla? Te lo agradecemos

Ir a la encuesta