Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

7 de septiembre de 2019

O Concello dispón xa de 6,5 millóns para executar obras pendentes na cidade como a piscina do complexo deportivo do Castrillón

O edil de Economía e Facenda, José Manuel Lage, formalizou esta semana co Banco Sabadell a firma do contrato dun crédito de 6,5 millóns de euros que serve para poñer en marcha actuacións moi necesarias e demandadas pola cidadanía. O préstamo permite desenvolver distintos proxectos do programa EIDUS

O portavoz do Goberno local e concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, Jose Manuel Lage, formalizou esta semana co Banco Sabadell a sinatura dun contrato de crédito de 6.505.000 euros que serve para reactivar a licitación de obra pública na cidade despois dun tempo de certa parálise, e permítelle ao Goberno local executar unha serie de obras moi necesarias e demandadas pola veciñanza.  

O edil de Economía destacou que "é fundamental impulsar a contratación pública e esta operación permitirá reactivar a economía local, e ao mesmo tempo vai posibilitar atender a vellas demandas dos barrios da nosa cidade".  Con esta operación de crédito dáselle impulso dende o Goberno local a un bo número de proxectos que estaban parados e que foran incluídos na última modificación dos orzamentos do pasado mandato.  

O Goberno local no seu primeiro mes de mandato reactivou as xestións que quedaran pendentes do mandato anterior e a Xunta de Goberno Local deulle o visto e prace o pasado día 3 de setembro.  

Lage sinalou que "a partida máis importante, máis de dous millóns de euros, dedicarase a finalizar o complexo deportivo do Castrillón. Este investimento permitirá concluír a construción e dotar o centro do equipamento necesario para poñer en funcionamento a área de seco e a piscina climatizada."  

Parte dos fondos, arredor de medio millón de euros, destinaranse á achega municipal aos proxectos incluídos no programa EIDUS que son cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) da Unión Europea. Nestas actuacións foi clave a participación da cidadanía, das organizacións, de entidades públicas e privadas, e de todos os axentes sociais. Realizaranse obras no espazo público do Mercado de San Agustín cun investimento de 134.515,91 euros.

Tamén se poñerá en marcha un plan de humanización e naturalización do paseo marítimo, 100.000 euros, e a construción dun acceso peonil desde O Birloque ao polígono de Pocomaco que terá unha partida de 41.400 euros. O Goberno, dentro do Plan EIDUS, eliminará barreiras arquitectónicas e mellorará o espazo público no ámbito de Pepri e reordenará o tráfico na rúa Severo Ochoa, onde tamén se realizarán obras de urbanización para darlles maior protagonismo ás persoas viandantes.   

Os xardíns históricos da cidade terán o seu oco nestas licitacións. Está previsto un plan de mellora en Azcárraga, San Carlos e a Rosaleda de Méndez Núñez; e outro para dotar de maior accesibilidade as praias do Orzán, Oza, Portiño, Lapas e Bens. Na lista inclúense partidas para iniciar as reformas dos mercados de Santa Lucía, Monte Alto, 132.731,41 euros, e o de Durmideiras, este último dentro do plan EIDUS, por valor de 229.347,27 euros.  

Por outra banda, o Goberno local que lidera Inés Rey ten previsto, con cargo a esta operación de crédito, acometer outros proxectos valorados en máis de 1,2 millóns de euros.

Entre estas actuacións destaca a creación de puntos limpos de proximidade, a instalación ou reforma de zonas de xogos infantís no complexo deportivo de Elviña, na praza de Tabacos e Nostián, así como nas urbanizacións Valaire e Breogán.  

A construción de beirarrúas na avenida San Cristovo entre O Birloque e Matogrande, a finalización das obras de recollida de pluviais en Nostián, a iluminación do obelisco Millennium e a rehabilitación das fontes tradicionais de Eirís son algunhas das propostas veciñais incluídas na lista de actuacións.

O Goberno local tamén ten previsto acometer a instalación dun circuíto de running e canastras de baloncesto no parque de Santa Margarida, dun rocódromo ao aire libre no parque de Bens e de desfibriladores nos edificios municipais.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?