Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

28 de noviembre de 2017

O Concello elabora, en colaboración coa Escola de Turismo, un estudo que “sitúa o entorno natural, a gastronomía e a seguridade” como os principais reclamos para os e as visitantes

O alcalde salientou a importancia deste documento, elaborado a partir de preto de 1.000 entrevistas con turistas durante este verán, e que “referenda as medidas que se están a implementar a través do Plan Estratéxico de Turismo da Coruña”

O Consorcio de Turismo da Coruña, en colaboración coa Escola Universitaria de Turismo, presentou hoxe os resultados do primeiro estudo de demanda turística da cidade, un documento que, en palabras do alcalde, Xulio Ferreiro, "serve para definir as fortalezas e debilidades da promoción turística da nosa cidade, o que nos servirá para implementar medidas de cara a facer accesible a nosa oferta a todos os perfís de visitantes". Nun acto na propia Escola de Turismo, ao que tamén acudiu o concelleiro de Emprego, Alberto Lema, e a xerente do Consorcio, Lanzada Calatayud, o rexedor salientou que "os resultados desta enquisa veñen a referendar o traballo que está a desenvolver o goberno local neste eido a partir do Plan Estratéxico de Turismo (PET), que recentemente acaba de aprobar". O secretario académico da Escola de Turismo, Carlos Rodríguez Carro, foi o encargado de presentar as liñas xerais deste estudo, que se realizou a través dos resultados obtidos a partir de preto dun millar de enquisas a turistas e excursionistas que visitaron a cidade entre o 15 de xullo e o 16 de setembro.

O estudo tirou unha serie de datos como que tres de cada catro visitantes proceden do estado español, sendo Madrid, Catalunya e Andalucía os principais territorios de orixe (suman, de feito, o 40% das visitas recibidas). Os e as visitantes estranxeiras teñen, maioritariamente, un perfil ligado ás viaxes en cruceiro, sendo británicas na súa maioría. Por franxas de idade, o perfil tipo de turista coruñés, en base a esta enquisa, é de persoas de entre 40 e 65 anos, nun 60%, seguidos de turistas de arredor de 30 anos (un 20%), a gran maioría con estudos universitarios. Unha destacada porcentaxe viaxa por conta allea, sendo oito de cada dez os que o fan en parella ou coa familia.

En canto ao gasto por persoa, os e as turistas que aseguraron facer un maior desembolso na cidade procedían de Madrid, Catalunya e Andalucía, aloxándose maioritariamente en hoteis de catro e cinco estrelas e rexistrando unha media diaria de gasto de 125 euros. Máis da metade dos e das visitantes indicou que era a primeira vez que visitaba a cidade, se ben a practica totalidade indicou que volvería á cidade.

En canto aos puntos fortes da cidade, os e as consultadas salientaron o entorno natural da cidade, outorgándolle unha categoría de sobresaínte, así como a hospitalidade e amabilidade da xente, a seguridade e a gastronomía. En canto á contorna, destacaron Punta Herminia e a Torre, o Paseo Marítimo e a Praza de María Pita. Os puntos máis débiles da nota media da Coruña teñen, non obstante, unha media alta (un 6,9) e aluden a facilidades no aparcamento, sinalización turística e transporte público.

Ao respecto do estudo, Ferreiro indicou "a necesidade que tiña este Concello de ter unha estratexia turística coherente co modelo de cidade". "Por iso impulsamos un plan estratéxico que dá cabida a todas as voces do sector, e por iso estamos a traballar en poñer en marcha novas medidas que axuden a favorecer a comunicación turística", dixo, en relacións aos proxectos que se porán en marcha durante o próximo ano ligados aos fondos DUSI, de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado, como é o caso dun estudo sobre mobilidade turística, unha nova plataforma web turística con novos contidos, adaptación idiomática e novas apps de axuda as persoas visitantes, pantallas interactivas de información sobre mobilidade turística, mellora e ampliación dos servizos da tarxeta Coruña Card, ou aplicacións móbiles de mobilidade turística e visitas guiadas, así como sistemas de información e sinaléctica dixital.

O edil e tamén presidente do Consorcio de Turismo, Alberto Lema, salientou o incremento de visitantes que está a experimentar A Coruña dende 2015. "Para seguir nesa tendencia á alza non só era imprescindible ter un Plan Estratéxico de Turismo, senón tamén contar cun estudo coma este, que teremos que ir actualizando e renovando. Non entendemos como se planificaba antes a acción turística, pero cremos que non hai outra forma que escoitando", incidiu.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?