Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña/Concello da Coruña

Cuándo:

21 de abril de 2017

O Concello pon en marcha o Consello Sectorial de Inclusión Social, órgano consultivo no que participarán “entidades e actores implicados na construción dunha cidade máis xusta”

A concelleira de Xustiza Social, Silvia Cameán

A concelleira de Xustiza Social, Silvia Cameán

A concelleira de Xustiza Social, Silvia Cameán, presentou as normas específicas de funcionamento deste novo organismo, que analizará e fará achegas con respecto ás políticas de inclusión social. As mesmas foron realizadas polo seu departamento, e contaron coas achegas das entidades cidadás do terceiro sector

A Concellería de Xustiza Social e Coidados, dirixida por Silvia Cameán, vén de realizar unhas normas específicas de funcionamento para botar a andar o Consello Sectorial de Inclusión Social. Este constituirá un novo espazo onde se reforcen as relacións entre o Concello e as entidades cidadás, de forma que estas tamén poidan relacionarse entre si, e poidan aumentar a súa participación, así como facer achegas e propostas en materia de inclusión social. A responsable municipal explicou hoxe en rolda de prensa que a posta en marcha deste órgano de carácter consultivo, no que estarán representados todos os actores con incidencia nas políticas sociais da cidade parte do "esforzo e compromiso que este Goberno amosou dende o primeiro día coas medidas e programas que tenden a facer desta unha cidade máis igualitaria e por tanto máis xusta", e recordou que as políticas sociais incrementaron o seu peso relativo no total dos orzamentos municipais para este ano até un 11,09%. "Unha das actuacións na loita contra as desigualdades que levábamos no noso programa era a elaboración dun plan pola inclusión social, que nos sirva para deseñar unha estratexia a nivel municipal para detectar, intervir e previr situacións de vulnerabilidade que teñan na cidade", comentou.

Por outro lado, a edil destacou "a importancia da participación da cidadanía, e en concreto das entidades sociais da cidade, na articulación de medidas encamiñadas a facer desta unha cidade mellor". "A Coruña está a crear un novo modelo de xestión e, por tanto, un novo modelo de cidade, no que se articulen todos os campos necesarios para complementar un sistema integral de participación", explicou Cameán, que recordou que, precisamente, o Regulamento Orgánico de Participación Cidadá prevé que, ademais dos órganos de participación que estabelece o propio regulamento, o alcalde pode crear consellos de participación cidadá de carácter sectorial ligados a actividades concretas.

A propia elaboración das normas específicas de funcionamento deste Consello de Inclusión Social foron deseñadas durante varios meses tanto polo Concello como polo propio sector, xa que se abriu un proceso de participación e suxestión. "Tanto as entidades do terceiro sector como os grupos municipais da oposición fixeron as súas achegas e alegacións", comentou a concelleira.

O Consello de Inclusión Social será un órgano de carácter consultivo que contará con representación de todos os actores que participan das políticas sociais da cidade. Comezará a funcionar de forma efectiva logo da publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) das normas específicas de regulamento realizadas polo departamento de Xustiza Social. Pasado ese tempo terá lugar a sesión plenaria constitutiva do citado órgano. "O Consello terá carácter consultivo e non executivo, pero terá capacidade para emitir opinións e facer propostas. Non serán vinculantes pero remitiranse aos órganos de goberno municipais co fin de optimizar os recursos e os programas que son competencia municipal", dixo Cameán, que indicou o seu desexo de que este órgano "sexa un foro onde se expoñen iniciativas específicas en materia de inclusión social das entidades, das persoas e do propio Concello".

Regulamento

O regulamento presentado esta xornada indica que a presidencia do Consello Sectorial recae na figura do alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, se ben poderá delegar a mesma na concelleira competente en materia social, neste caso Silvia Cameán. Contará ademais cunha vicepresidencia, asumida por unha persoa que forma parte do Consello en calidade de representante dunha entidade social, e unhas vogalías, que estarán conformadas por concelleiros e concelleiras de todos os grupos con representación no Pleno municipal, así como por representantes das entidades do ámbito da inclusión social inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións Coruñesas (REMAC). Representantes de colectivos de especial relevancia no ámbito dos servizos sociais determinados polo propio Consello tamén poderán estar presentes así como representantes de cada un dos tres sindicatos maioritarios no Concello da Coruña así como membros tanto do Colexio Oficial de Diplomados e Diplomadas en Traballo Social de Galicia, como representantes do Colexio de Educadoras e Educadores sociais de Galicia. Tanto a presidente como a vicepresidenta, a secretaria e as vogais do Consello conformarán o pleno do mesmo.

O Consello tamén contará a súa vez cunha serie de sub-órganos como son os grupos de traballo, unidades que teñen como función elaborar informes e propostas, e realizar aquelas actividades que se consideren convenientes para mellorar a situación de inclusión social na cidade.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?