Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

6 de enero de 2019

O Concello pon en marcha o plan anual de podas, que se prolongará até o mes de febreiro en todos os barrios da cidade

Este ano actuarase non só nas árbores que habitualmente se rebaixan e que se atopan en espazos acoutados, senón que tamén se rebaixará a copa de determinadas especies que até o de agora se deixaban crecer sen cortes, de cara a que poidan afrontar mellor as épocas de seca

A Concellería de Medio Ambiente, dirixida por María García, iniciou o pasado decembro o plan anual de podas, un programa de actuacións que se estenderá até o mes de febreiro e que ten como finalidade o saneamento e mellora da conservación das árbores que se atopan no termo municipal. A responsable municipal destaca a "especial atención" que o goberno local garda para con este procedemento que entronca, directamente, co plan de expansión de arborado posto en marcha este mandato municipal e que, entre outros fitos, se traduciu no aumento de 1.500 árbores na cidade en pouco máis dun ano. "Non só é preciso aumentar a ratio de árbores por habitante, tal e como recomenda a Organización Mundial da Saúde (OMS), senón que tamén é necesario coidar e manter as árbores xa existentes", indica a edil, que subliña que este plan engloba "a todas aquelas especies susceptibles de recibir poda" e que se atopan no termo municipal.  "Os exemplares que se atopan en espazos estreitos son aqueles que precisan máis das podas, se ben, este ano tamén imos actuar sobre outras especies que, pola súa ubicación e características, non estaban suxeitas a este proceso", indica a concelleira García, que aclara que "nestes casos se reducirá a copa dos exemplares nun máximo dun 20%". "O que estamos a facer con esta poda é garantir que estas especies van poder afrontar moito mellor as épocas de seca prolongada que tivemos nos últimos exercicios", apunta.

O plan de poda comezou a súa actuación do mes de decembro en zonas como avenida de Arteixo, praza de Lugo, padre Feijoo, Paseo Marítimo (dende a rotonda do Tryp até a rúa Socorro) e Juan Varela. Ao longo deste xaneiro están previstas actuacións no miradoiro dos Castros, a rúa Vixía (á altura da igrexa de San José), Antonio Santiago, Curros Enríquez, Ramón del Cueto, Sirena, campo de Artillería, colexiata de Santa María, rúa do Carme, Hospital, María Victoria Fernández, Miguel Servet, Bella avenida, avenida da Sardiñeira, Ronda de Outeiro (no tramo de Padre Rubinos), praza de San Cristóbal e Avenida dos Mallos. Entre xaneiro e febreiro actuarase nas árbores das rúas Juana de Vega, Juan Florez, Zalaeta, Hospital, Ronda de Nelle, Os Rosales, praza Elíptica, avenida da Concordia, Antonio Ríos, Hernansáez, Regata Cutty Sark, Club do Mar, praza Blanca Quiroga, Jacinto Benavente, Ronda de Outeiro, avenida Fernández Latorre, avenida do Exército, Ramón y Cajal, Caballeros, Castiñeiras de Abaixo, Marqués de Amboage, Vera, Federico Tapia, Fernando González, Fontán, José Cornide, Juan Flórez, escaleiras Juan Flórez-Alfonso Molina, xeral Rubín, segunda fase de Elviña, Ronda de Outeiro, Pablo Iglesias, Antonio Ríos, Antonio Noche, Vicente Aleixandre, Mariñeiros e o Barrio das Flores.

As previsións de Medio Ambiente pasan por que contra o mes de febreiro comece a actuarse nas rúas Alfredo Vicenti, Fernando Macías, Notariado, praza de Vigo, Labaca, Menéndez Pelayo, Pérez Ardá, San Diego, praza González Dopeso, Santa Lucía, praza da Palloza Cidade Xardín, avenida de Alférez Provisional, Linares Rivas, avenida Primo de Rivera, Baltasar Pardal Vidal, Campo da Estrada, Veramar, Campo de Marte, praza de San Agustín, Maestranza, avenida do Exército (á altura da Citröen), avenida de Montserrat, Pedralonga, Rianxo-Ponte, Santa Cecilia e costa da Palloza. Salvador de Madariaga, Palavea, polígono da Grela, Valaire, Novo Mesoiro e cemiterio de Feáns son outras das zonas nas que se actuará o vindeiro mes.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?