Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

10 de agosto de 2018

O Concello subscribe novos convenios con 32 entidades locais para a promoción e o fomento da práctica deportiva

O alcalde, Xulio Ferreiro, destaca que a medida, dirixida á promoción do deporte base, feminino ou adaptado, e á que se destinarán 444.000 euros, “é un paso máis na aposta por favorecer unha Coruña máis saudable e igualitaria”

O alcalde, Xulio Ferreiro, participou esta mañá no acto de sinatura de convenios nominativos con 32 entidades da cidade dirixidos á promoción e o fomento da práctica deportiva no termo municipal ao longo do presente exercicio. Así, o Concello subscribiu acordos por valor de 444.000 euros "para a posta en marcha de proxectos e actividades que favorezan que esta sexa unha cidade aberta ao deporte, máis saudable e, sobre todo, máis igualitaria". Unha cantidade, segundo recordou o rexedor, que se suma ás axudas que foron aprobadas pola Xunta de goberno local o pasado mes de xullo para destinar 200.000 euros a Asociación de Fútbol Afeccionado da Coruña (AFAC) e 85.000 ao Club Basquet Coruña co mesmo fin, "o de fomentar a práctica deportiva entre a base e o tecido local". En total, 729.000 euros que axudarán a desenvolver proxectos deportivas que incidirán en hábitos saudables, a inclusión social e a igualdade a través do deporte de base na cidade.

Os acordos rubricados esta mañá complementan así as axudas da área de Deportes para entidades locais, ás que tamén hai que sumar a convocatoria de concorrencia competitiva aberta a pasada semana, que chega a 120.000 euros e á que poden acceder todas aquelas entidades que non teñen convenios nominativos. Para máis información sobre esta convocatoria, pódese visitar o web municipal www.coruna.gal/deportes. O concelleiro de Deportes, José Manuel Sande, salientou que "desta forma, a administración local destina case 850.000 euros ao mantemento e consolidación das entidades deportivas da cidade, tendo en conta o traballo que realizan a prol da inclusión, a integración, a igualdade e o fomento dun estilo de vida saudable".

Entidades

Así, ao longo deste ano, realizaranse iniciativas destinadas á practica e fomento de actividades como waterpolo, hóckey, atletismo, xadrez, boxeo, submarinismo, rugby, natación, baloncesto feminino, vela, piragüismo, fútbol sala feminino, patinaxe artística, voleibol, pentatlón, tenis de mesa ou equitación adaptada, entre outras propostas. "O goberno local da Coruña quere difundir e defender uns valores que se atopan no deporte da cidade. Grazas ao traballo e esforzo das entidades que representades o deporte, na Coruña, non entende nin de idades nin de sexos. Non discrimina. Esta cidade deu pasos enormes a prol da inclusión e da igualdade grazas a vós", expuxo Ferreiro ante as entidades participantes no acto de rúbrica, celebrado no Pazo de María Pita este venres. Ademais, as axudas tamén permitirán contribuír ao financiamento de accións formativas, a dispoñibilidade de ambulancias durante a celebración de eventos deportivos, ou a cesión de instalacións.

As entidades beneficiarias dos 32 convenios asinados esta mañá son as seguintes: Agrupación de Montañeros Independientes, Asociación Coruñesa de Waterpolo, Asociación de Clubs Coruñeses de Hóckey a Patíns, Asociación Galega de Axedrecistas, Asociación Galega de Xestores Deportivos, Asociación Recreativa e Instructiva de Amigos de los Veleros Juan de Lángara, Athletic Coruña Hockey Club, Club Atletismo Coruña Comarca, Club Atletismo Riazor Coruña, Club BKC, Club de Arquitectura Técnica, Club de Vela Praia de Oza, Club del Mar de San Amaro, Club Deportivo Padre Faustino, Club Ximnasia Rítmica Santiago Apóstol, Club Halterofilia Coruña, Club Instituto Zalaeta, Club Marineda Atlético, Club Maristas A Coruña, Club Marítimo de Oza-O Puntal, Club Natación Coruña, Club Natación Liceo, Club Viaxes Amarelle FS, Club de Patinaxe Artística Maxia de Raquel Camacho, Cruz Vermella, Obra Atlético Recreativa Ciudad Vieja OAR Ciudad 1952, Real Club Náutico da Coruña, Sociedade Deportiva Hípica da Coruña, Sociedade Deportiva As Xubias, Unión Veciñal Ventorrillo, Universidade da Coruña e Zalaeta 100Tolos.

Xunta de goberno local

Por outro lado, e á marxe da firma dos convenios, o alcalde presidiu esta mañá a Xunta de goberno local onde se deu conta, como é habitual do informe relativo ás licenzas e a outros habilitantes de orzamento inferior aos 1,2 millóns de euros tramitados polo departamento de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, entre o 24 de xullo e o 6 de agosto. Neses días, a administración local resolveu un total de 163 expedientes dos que 26 se corresponden con licenzas urbanísticas, 85 con comunicacións previas ao inicio das obras e 32 con comunicacións previas ao inicio de actividades ou aperturas de establecementos.

Por outro lado, o goberno local tamén aprobou hoxe a apertura do procedemento para a adxudicación do contrato destinado a realizar obras remodelación e mellora da accesibilidade na rúa Alcalde Liaño Flores. O prezo de licitación é de 340.000 euros. Cun prazo de execución de tres meses, o proxecto consiste na renovación da pavimentación, tanto na rúa como na calzada. Entre os axustes previstos, destaca tamén a ampliación da beirarrúa no treito que comprende equipamentos e centros escolares como a Escola Infantil Municipal e o Instituto Agra do Orzán. A obra tamén comportará o aumento da presenza vexetal na rúa, xa que ademais das árbores existentes, tamén se plantarán 12 exemplares máis.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?