Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

23 de enero de 2019

O Consello Local de Saúde aproba unha declaración pública na que amosa a súa preocupación pola situación da sanidade na Coruña e reclama á Xunta un incremento nos fondos para a atención primaria

O órgano conformado por entidades do ámbito sanitario da cidade indica no documento, que se aprobou coa única abstención do PP, que o investimento “está moi debaixo do recomendable”

O Consello Local de Saúde aprobou esta mañá nun pleno extraordinario unha declaración para amosar a súa preocupación sobre a situación da sanidade pública da cidade. Este órgano de consulta, que está conformado por entidades sanitarias con presenza na cidade, grupos municipais e sindicatos, reclama da Xunta de Galicia "un incremento de dotación orzamentaria" para o presente ano que permita "unha asistencia sanitaria digna para as nosas veciñas e veciños". A reunión do Consello, que preside a concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, aprobou o texto da declaración coa única abstención do Partido Popular.

Na declaración, o Consello Local de Saúde considera que o Goberno autonómico "está a a investir máis no hospital que na atención primaria, coa perda dunha visión integral da saúde". "Se o orzamento adecuado para a atención primaria debe estar no 25% do total do persoal sanitario, no caso da Coruña está no 12%, moi por debaixo do recomendable", reflicte o texto. Unha situación que, din as entidades representadas no Consello, supón que "o servizo de urxencias estea actualmente colapsado". "Esta situación empuxa a que as e os doentes busquen en urxencias unha solución rápida á súa doenza e ás listas de agarda", indican. Neste sentido, a declaración apunta a que o "verdadeiro problema" do sistema está "na xestión e no investimento". Así, cominan á Xunta de Galicia a "tomar decisións que supoñan un aumento no número de profesionais, mellora das instalacións, do equipamento, redución no tempo de espera e aumentar o tempo de atención ao paciente".

"É imprescindible que exista un reforzo na atención sanitaria primaria para poder levar a cabo as políticas de prevención e promoción da saúde que lle aforran custos ao noso sistema sanitario pero, sobre todo, redundan no beneficio da calidade de vida de toda a cidadanía da Coruña", salientan na declaración.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?