Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

14 de septiembre de 2018

“A responsabilidade política que teño é a de conseguir que as políticas de acceso a unha vivenda digna funcionen, e para iso temos que resolver todos os erros que puido haber neste procedemento”, dixo

O goberno local convoca un Pleno extraordinario sobre o Concurso de Adquisición de Vivenda solicitado polo PP "para dar a máxima transparencia a todo este procedemento"

O concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, explicou aos grupos da oposición as medidas que o goberno local adaptará en consecuencia á doutrina dos ditames do Consello Consultivo no marco dunha comisión informativa que el mesmo convocou

O concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, atendeu esta mañá ás preguntas plantexadas pola oposición sobre o Concurso Público de Adquisición de Vivenda e as resolucións emitidas esta semana polo Consello Consultivo ao respecto no marco da comisión informativa da súa área que convocou na xornada de onte. Aínda que xa deu explicacións públicas sobre o proceso en curso e as resolucións do ente consultivo están dispoñibles na web municipal, de xeito que poden ser consultados por calquera veciño ou veciña, o edil convocou no día de onte a este órgano, no que está presente a oposición, de cara a resolver calquera dúbida e trasladar información sobre os acordos que esta mañá adoptou a Xunta de goberno local a respecto deste asunto. Nunha comparecencia ante os medios posterior á reunión da comisión, o responsable municipal salientou a intención do Concello a darlle "a máxima transparencia a todo este procedemento". "É a mellor forma que temos para seguir traballando no mandato que nos encomendou a cidadanía: políticas para fomentar o acceso a unha vivenda digna".

Así, e dentro da transparencia coa que se está a tratar o proceso derivado dos erros detectados no concurso de vivenda, o alcalde convocou esta mañá un pleno extraordinario para o vindeiro mércores, contra ás 17.30 horas, dando resposta inmediata á solicitude formulada este mesmo venres polo grupo municipal popular. No seu escrito de solicitude, o PP demanda o cesamento dos concelleiros de Rexeneración Urbana e Emprego pola, ao seu entender, "compra irregular de dous inmobles" dentro dun concurso inédito no Concello e que ten como obxectivo aumentar o parque público de vivenda de cara a favorecer o acceso á mesma de colectivos con dificultades. Do mesmo xeito, tamén insta ao executivo "a exercer todas as accións administrativas e xudiciais oportunas" para recuperar as cantidades investidas nas adquisicións de inmobles que, finalmente, sexan declaradas nulas, procedemento que o goberno local xa está a executar de forma inmediata en virtude dos ditames do Consello Consultivo.

Ao fío desta petición, Varela volveu recordar que o seu cargo "está a disposición do alcalde todos os días". "Non teño afán ningún de permanencia no cargo, pero creo que teño que cumprir coa miña responsabilidade, que é a que me encomendou o alcalde; implementar políticas que faciliten o acceso á vivenda digna dos colectivos máis desfavorecidos", dixo. "Á vista dos ditames emitidos polo Consello Consultivo, así como os propios procesos de revisión levados a cabo pola Asesoría Xurídica municipal, é evidente que neste proceso se cometeron erros. Erros administrativos e humanos", engadiu. "A responsabilidade política que hai que ter aquí é a de conseguir que estas liñas de actuacións funcionen, e niso é no que estamos. Temos que ser o máis transparentes e rigorosos posibles para resolver todos os erros humanos que poidamos detectar, e poder seguir adiante, facendo que estas políticas sexan efectiva", insistiu. Con todo, Varela puxo en valor "o traballo realizado en todo este tempo de mandato". "Creo que o rumbo da área de urbanismo cambiou radicalmente e estamos conseguindo poñer en marcha medidas que favorecen o acceso á vivenda dos colectivos que, historicamente, tiveron máis dificultades", fixo notar.

"O meu cargo está a disposición do alcalde. Que a oposición e, especialmente o PP, poida solicitar a miña dimisión intentando deslizar dúbidas sobre a miña honestidade non ten crédito", reflexionou. "Gustaríame saber cales eran as liñas políticas de acción dos anteriores gobernos en materia de vivenda", dixo, á vez que recordou casos urbanísticos xudicializados que, aínda hoxe en día, xeran un considerable quebranto ao Concello. "Son exemplo de  políticas de vivenda os casos de Someso ou Conde de Fenosa? É exemplo de política de vivenda a venda de inmobles públicos a fondos voitre?", censurou.

Por outro lado, e tal e como onte xa anunciou o propio Varela, a Xunta de goberno local deu luz verde, entre outros asuntos, a distintas medidas derivadas da doutrina dos ditames do Consultivo e encamiñadas a depurar calquera tipo de erro técnico producido durante o desenvolvemento do concurso. Deste modo, o executivo municipal declarou a nulidade da resolución mediante a cal o Concello aprobou a adquisición dun inmoble na rúa Joaquín Martín Martínez no marco do Concurso Público de Adquisición de Vivenda. Ademais, o executivo tamén propuxo a anulación da adquisición doutro inmoble, neste caso na rúa Santander, e aprobou aos trámites para a revisión de oficio doutros tres máis.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?