Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

17 de octubre de 2018

O goberno local impulsa 14 operacións dentro da estratexia EidusCoruña por valor de 9,4 millóns que van dende a restauración de espazos históricos á mellora da iluminación e á renovación do parque municipal de bicicletas

A Xunta de goberno local ratificará este venres as expresións de interese destas liñas de actuación, trámite necesario pola normativa de xestión de fondos comunitarios e paso que permitirá iniciar o proceso de contratación de distintos proxectos comprendidos nestas operacións

A Xunta de goberno local ratificará na súa reunión deste venres as Expresións de Interese (EDI) de 14 operacións contidas na Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado da cidade (EidusCoruña), unha liña de actuación do executivo municipal que foi respaldada por unanimidade no pleno e que lle valeu ao Concello a concesión de 15 millóns de euros procedentes dos fondos europeos FEDER. O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, presentou esta mañá as actuacións nas que derivará a aprobación destas operacións e que se concretarán en proxectos por valor de 9,4 millóns de euros que van dende a restauración de espazos históricos e de especial interese da cidade á mellora da iluminación, a posta en marcha de ferramentas para fomentar o emprego de colectivos con especial dificultade de acceso ao mercado laboral ou a renovación e ampliación do parque municipal de bicicletas. O rexedor explicou que a aprobación das expresións de interese é un trámite obrigado pola normativa de xestión de fondos comunitarios deste tipo e servirá para dar un considerable impulso e aterraxe a estas operacións, "xa que é o paso que permite iniciar o seu proceso de contratación". O proxecto EidusCoruña está financiado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do eixo de desenvolvemento urbano no Programa Plurirrexional de España 2014-2020.

En canto ás operacións que serán ratificadas este venres en XGL e no que atinxe ás políticas en favor dunha vivenda digna, o goberno local prevé desenvolver un proxecto dentro da estratexia EidusCoruña para monitorizar e mellorar o consumo enerxético nos barrios. En concreto, o que se pretende é crear a infraestrutura necesaria para coñecer o consumo real de enerxía que se produce en cada barrio, facer un control dos consumos e establecer pautas de comparación nos aforros que se produzan tras a introdución de renovables ou actuacións de illamento térmico de fachadas, por exemplo. "Cun orzamento de 432.000 euros trátase dunha iniciativa que é un proxecto de cidade, e que se ve complementada por outras liñas de traballo a prol da rehabilitación que levamos implementando ao longo deste mandato", dixo o alcalde.

Dotada con 854.000 euros, a Xunta de goberno local tamén dará o visto e prace á declaración de interese doutra operación directamente relacionada coas melloras das ferramentas de participación e innovación. O primeiro edil comentou como esta liña de actuación pasa pola mellora dos instrumentos de participación existentes e de transparencia mediante o uso das TIC (por exemplo, novas funcionalidades da plataforma A Porta Aberta) ademais de por seguir avanzando na implantación de servizos públicos electrónicos que axuden á cidadanía na súa vida diaria. Isto concretarase, entre outras actuacións, coa optimización da tarxeta Millennium ou a implantación de melloras na sede electrónica municipal e na ferramenta municipal SyR de suxerencias e reclamacións.

A terceira liña de operacións que se abordará na reunión do goberno municipal atinxe ao fomento da mobilidade sostible. As distintas actuacións deseñadas pasan polo impulso aos camiños escolares seguros con carácter interxeracional, para o que se reservan 240.000 euros, a ampliación do carril bici por valor de case 450.000 euros e o deseño e implantación dun proxecto piloto de marquesina multifuncional que poida contar con información detallada a tempo real do transporte público, conexión wifi e outras ferramentas que optimicen o seu uso, por un montante de 200.000 euros.

Neste punto, Ferreiro quixo salientar tamén a operación de renovación e ampliación do servizo municipal de BiciCoruña que derivará na implantación non só de novas estacións de bici senón tamén na introdución da bici eléctrica. Cunha previsión de gasto de case 1,5 millóns de euros, o parque de bicicletas público da cidade contará con 300 convencionais e 300 eléctricas, así como con 865 postos de ancoraxe con base de carga repartidos en 50 estacións ao longo da cidade.

No apartado da mellora do equipamento público destaca a liña de operación que atinxe ao incremento da iluminación na cidade, así como á implantación de luminarias non contaminantes. Ligado a este cofinanciamento de fondos FEDER, o goberno local proxecta acometer distintas operacións por valor de 384.000 euros que se centrarán maioritariamente na Rolda de Outeiro, "espazo no que o executivo municipal vén xa de investir neste mandato máis de 800.000 euros nas tarefas de repavimentación de distintos tramos".

No que atinxe ao coidado dunha cidade viva, a Xunta de Goberno Local tamén declarará o interese doutra liña de operacións que se centra na recuperación da memoria do borde litoral e fluvial da cidade. "Apostamos pola recuperación de enclaves de costa, fontes, lavadoiros e outros recursos fluviais do municipio", dixo o alcalde, que precisou que está previsto levar a cabo distintas actuacións, por valor de 672.000 euros, entre as que destacan proxectos de mellora da accesibilidade ás praias da cidade, a construción dun centro de observación no entorno do ENIL das Illas de San Pedro ou a restauración do Río Quintas, para a súa posta a disposición para o goce da cidadanía. "Relacionado con esa estratexia de cidade que aposta polo coidado ambiental e patrimonial, declararemos tamén o interese doutra liña de actuación dotada de case 1,3 millóns de euros que ten como eixo central a restauración de determinados lugares existentes en barrios da cidade que revisten especial interese turístico, cultural e ambiental", apuntou o primeiro edil, para comentar que neste eido se contemplan obras de restauración do cemiterio de San Amaro baseadas nas necesidades detectadas no Plan Director, así como a creación do Bosque de Breogán, en Feáns, que contará cunha superficie de 83.000 metros cadrados, e a posta en funcionamento do proxecto de Sendeiros da Coruña, para a recuperación de camiños tradicionais, fomentando a conectividade entre barrios e puntos de interese, como por exemplo, o eixe Bosque de Breogán, Feáns e Castro de Elviña. No ámbito do medio ambiente destaca tamén a operación de mellora dos xardíns históricos da cidade. Cun orzamento de 400.000 euros, promoverase o coidado e mellora da flora existente, así como a restauración integral do mobiliario dos xardíns de Azcárraga, San Carlos e Méndez Núñez.  

De cara a fomentar a empregabilidade e dar máis oportunidades laborais a colectivos con especiais dificultades para a inserción, tamén está prevista unha liña de operación dentro da estratexia EidusCoruña por valor de 624.000 euros. "Con este orzamento promoverase a formación en determinadas disciplinas que están a ser fortemente demandadas neste momento segundo a Estratexia Española de  Activación para o Emprego como é o caso de seguridade informática, márketing dixital, confección de páxinas web, comercio electrónico ou produtos gráficos, entre outros", explicou Ferreiro.

Por outro lado, e en canto ao fomento da xustiza social destacan as actuacións contempladas para favorecer a inclusión da poboación dos asentamentos precarios da cidade por un total de 604.000 euros, dando continuidade a "unha liña de na que se traballa de forma transversal desde o inicio do mandato", recordou.

Entre as primeiras operacións cofinanciadas cos fondos europeos FEDER salienta tamén aquela que ten que ver coa "posta a disposición da mocidade e de colectivos non organizados de equipamentos públicos na actualidade en desuso". Dotada de 480.000 euros, esta liña de actuación comprende a rehabilitación integral do antigo edificio do Remanso, en Catro Camiños. A este respecto, o alcalde recordou como a propia Xunta de goberno local aprobou recentemente o proxecto, que xa conta con todos os informes sectoriais pertinentes, así como coas modificacións necesarias dentro do PXOM.

Ademais das comentadas polo responsable municipal, está previsto que o venres tamén se ratifique unha liña de operacións en materia turística, que aposta por desenvolver ferramentas TIC que faciliten a mobilidade e a información para os e as visitantes, tendo en conta que os seus desprazamentos dentro da cidade se realizan de forma moi maioritaria a pé. Este desenvolvemento conta cun orzamento reservado de 360.000 euros.

Asimesmo, a Xunta de goberno local tamén dará o visto e prace ás declaracións de interese de dúas asistencias técnicas, unha de comunicación e outra de apoio á execución da estratexia EidusCoruña que facilitarán a posta en marcha de todas estas actuacións. "Nas próximas semanas ampliaremos este paquete de proxectos coa aprobación de novas expresións de interese que os servizos están a completar nestes días", rematou o alcalde.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?