Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

2 de decembro de 2019

O Goberno local saca adiante os modificativos de crédito para poder pagar as indemnizacións polas expropiacións do Castro de Elviña

A utilización do superávit do 2018 e 2019 para facer fronte aos pagos queda condicionado ao visto e prace por parte do Ministerio de Facenda

A Corporación aprobou esta mañá os tres modificativos de suplemento de crédito presentados polo Goberno local. O primeiro deles, o M5/2019 (de modificación do anexo de subvencións nominativos procedentes do orzamento de 2019) por un importe de 20.000 euros será destinado a distintas entidades sociais. O Consorcio Galego de Servizos de Saúde e Igualdade verá incrementado o crédito nun total de 6.250 euros para a xestión dos centros de día de Eirís e Monte Alto, tal e como propuxo a Área de Benestar Social. O resto, 13.750 euros, destínase a outras entidades despois de que os grupos aceptasen unha emenda presentada polo grupo municipal socialista para facer unha repartición "entre entidades que fan unha labor encomiable", explicou o portavoz socialista José Manuel Lage.

Este incremento no crédito destinado a entidades de carácter social finánciase a cargo do convenio previsto coa entidade SOS Racismo que renunciou á formalización da sinatura do seu convenio co concello.

En canto aos outros dous modificativos, trátase de dous suplementos de crédito (6,2 millóns de euros e 453.265 euros) destinados a lle facer fronte ao pago das indemnizacións ás persoas afectadas polas expropiacións realizadas no Castro de Elviña, cuxa sentenza firme o Concello debe acatar e que ascenden a 12.019.641 millóns de euros; 5.213.188 euros polo prezo xusto da primeira fase do Castro de Elviña e 2.860.101 millóns pola segunda fase. O Goberno local presentoulle ao Ministerio de Facenda a posibilidade de que autorice o Concello a utilizar o superávit de 2018 e 2019, abrindo unha vía ata o de agora nunha utilizada e que busca evitar un grave risco para a capacidade de investimento presente e futura. Concretamente no ano 2018 cóntase con 6,1 millóns, que se busca poida ser considerado como débeda pública, permitindo o pago das obrigas derivadas das sentenzas firmes para, deste xeito, non ter que recorrer aos orzamentos ordinarios do Concello e "manter a capacidade investidora da cidade", explicou o portavoz do goberno, José Manuel Lage, quen sinalou a importancia de abrir esta nova vía orzamentaria para poder pagar sentenzas firmes do 2020 co superávit do 2019."Na negociación co Ministerio o Goberno local non só se centrou no superávit do 2018, senón no do 2019 e en exercicios futuros, o que vai permitir seguramente que noncarguemos coa lousa das indemnizacións por sentenza firme" explicou Lage Tuñas ao tempo que recordou que deste xeito "non teremos que seguir incrementando a débeda por intereses ao 3%, que é o interés legal en sentenzas firmes".

O Goberno local logrou sacar adiante, co voto positivo de Ciudadanos e a abstención doresto de grupos, o modificativo, o M6/2019, de 6,2 millóns de euros para pagar as expropiacións da primeira fase do Castro de Elviña. Esta aprobación está condicionada a que o Ministerio de Facenda dea o visto e prace a esta medida solicitada, xa que 6,1 millónsde euros proceden do superávit do 2018. No caso de que o Ministerio de Facenda non o autorizara para o superávit do ano 2018, esta cantidade terá que ser destinada a pagar débeda pública por mandato legal.

Tanto BNG como Marea Atlántica lembraron no Pleno a necesidade de que se reforme anormativa de estabilidade orzamentaria que "ata as mans dos municipios".O segundo modificativo por importe de 453.265 euros, que contou co apoio de todos osgrupos, procede do remanente líquido de Tesourería con cargo a 2019 e servirá para poder iniciar o pagamento das compensacións ás persoas afectadas polas expropiacións. Lage recordou que "deste xeito damos un paso importante, que é comezar a pagar aos afectados pola sentenza do Castro de Elviña, é decir, non só predicamos para o futuro senon que comezamos a dar trigo no presente".

Ante as críticas dos partidos pola xestión do Goberno local e "a herdanza recibida", o portavoz dos socialistas sinalou que o período medio de pago aos provedores "leva un liña positiva" e lembroulles aos populares que "poden criticar o que queiran a herdanza socialista de Francisco Vázquez e Javier Losada, pero a cidade leva o selo socialista, porque máis do 90% do modelo de cidade que temos foi construído e deseñado polo Partido Socialista", o que non impide, dixo, que haxa algunha sombra entre moitas luces."Afrontamos o tempo no que nos tocou gobernar, sinalou, para facer fronte a determinadassituacións e se hai sentenzas firmes haberá que aceptalas e e cumprir. Intentar ensuciar olegado socialista nesta cidade é perder o tempo, porque o cambio que experimentou ACoruña da man do PSOE é algo innegable, pouco discutible e que xa está nos libros de historia", dixo.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?