Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña
En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".
29 de noviembre de 2019
A alcaldesa Inés Rey elixiu por azar o seu debuxo e o cativo de tres anos premeu o botón co que activou os 2.600.000 puntos de luz ante miles de persoas, que desfrutaron da actuación do mago Román García e do vídeo mapping “A estrela da ilusión”, nunha xornada en María Pita conducida por Suso Martínez
Iago ten tres anos. Para el, o Nadal é unha árbore verde fluorescente con moito brillo ou iso foi alomenos o que quixo reflectir no papel. A alcaldesa Inés Rey colleu dun bombo o seu debuxo de entre moitos outros e este acto máxico converteuno en protagonista. Así que ante miles de persoas, o cativo premeu o botón de acendido dos preto de 2.600.000 puntos, que darán luz neste Nadal que o Concello inaugurou en María Pita cunha tarde na que tamén actuou o mago Román García e as persoas asistentes desfrutaron do vídeo mapping "A estrela da ilusión".
O espectáculo, no que unha rapaza chamada Sabela amosa como é a súa cidade nesta época, repetirase mañá outra vez a en punto desde as 20.00 ás 23.00 horas e contará na praza cun espazo para persoas con discapacidades físicas e sensoriais. Ademais, as nenas e os nenos puideron enviarlle as súas cartas a Papá Noel depositándoas nunha cesta que se desprazou a Laponia nun globo de helio de 3 metros de diámetro que quedou suspendido a 20 metros de altura. A xornada, que estivo conducida por Suso Martínez, dará paso a un calendario de eventos, que incluirá 20 talleres de maxia e 20 espectáculos de títeres que chegarán a todos os barrios da cidade a través da rede de Centros Cívicos Municipais, o Ágora e o Fórum Metropolitano.
O poboado de María Pita será outro dos protagonistas do Nadal con teatro, circo, contacontos, talleres educativos e outros momentos máxicos para a cativada do 5 ao 30 de decembro. Para potenciar e dinamizar o pequeno comercio da cidade, haberá sesións de cine do Nadal no marco dunha campaña en colaboración cos negocios locais, que facilitarán localidades por cada compra superior a 20 euros.
A música en directo virá da man de entidades culturais, corais e grupos tradicionais que percorrerán as rúas e espazos da cidade como o Ágora, Fórum Metropolitano e o Centro Cívico dos Mallos para amenizar a veciñanza.
Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible