Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

2 de octubre de 2018

O concelleiro José Manuel Sande cualifica “de éxito rotundo” a última edición da proposta, que rematou o pasado sábado “e que afonda na aposta pola vertente saudable do deporte, aberto a todas as idades”

O programa municipal 'Coruña en forma' quintuplica o número de asistencias respecto a súa primeira edición e supera os 13.300 usos

Actividades como ximnasia aeróbica chegaron a xuntar a máis de 100 participantes nalgunhas sesións. As zonas de maior afluencia resultaron a praia de Riazor, o mirador do Matadoiro e o parque de Vioño, “o que referenda a aposta pola descentralización da iniciativa”

O programa municipal de práctica deportiva no espazo público Coruña en forma pechou a pasada fin de semana a súa terceira edición con 13.306 asistencias, a de maior afluencia desde a súa posta en marcha. A iniciativa, impulsada polo goberno local no verán de 2016, propón a realización de actividades abertas á veciñanza, sen inscrición previa, en distintos horarios e localizacións do termo municipal co obxectivo de favorecer e fomentar, entre a públicos de todas as idades, a práctica deportiva como hábito de vida saudable. "En só tres anos Coruña en forma elevou notablemente os seus datos de participación, xa que pasou de contar con 2.538 asistencias no 2016 a  máis de 13.300 este verán", afirma o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande. "Este rotundo éxito viuse acompañado, á vez, da aposta do Concello polo aumento dunha oferta diversa de modalidades deportivas e localizacións urbanas non convencionais expandidas ao longo do termo municipal, o que referenda a aposta do goberno da Coruña por favorecer o acceso a propostas saudables, gratuítas e que melloran a calidade de vida da veciñanza", explica o edil, quen lembra que o programa naceu para dar continuidade, no período estival, á programación anual das Escolas Deportivas Municipais, que onte comezaron precisamente o novo curso.

A terceira edición de Coruña en forma desenvolveuse entre o 7 de xullo e o 29 de setembro, ofrecendo actividades --tai chi, pilates, ximnasia aeróbica e zumba, a novidade deste ano-- todos os días en distintas localizacións da cidade, como son a plataforma peonil da praia de Riazor, o miradoiro do Matadoiro, o parque Europa, a praia de Oza e o parque de Vioño, que se incorporou este ano ao programa. A estes espazos sumáronse os parques biosaudables que se atopan na praza Elíptica dos Rosales, Luís Díaz González, parque de Santa Margarita, Sagrada Familia, parque de Oza e San Diego. Ademais, nas fins de semana o programa municipal contou con propostas de lecer activo, como andainas, rutas a patíns ou saídas cos cans, e que tiveron como punto de encontro distintos espazos da cidade, como o Pazo dos Deportes, Durmideiras ou Novo Mesoiro.

"Sen dúbida o éxito desta última edición vén favorecido pola expansión da propia actividade deportiva e achegamento á veciñanza como demostra a incorporación do parque de Vioño, o terceiro dos espazos que maior número de asistencias acadou nestes tres meses", apunta Sande, quen destaca que Riazor e Matadoiro, espazos nos que se realizaron actividades tanto en 2016 coma no 2017, son os que máis participantes recibiron este verán.

Demanda de actividades

As propostas máis demandadas nesta edición foron ximnasia aeróbica e tai chi, que en distintas sesións superaron as 100 asistencias. En concreto, ao longo do verán, a actividade de ximnasia aeróbica de Riazor --que se realizou en horario de mañá os luns, mércores e venres, de 11.30 a 12.30 horas-- contou con 2.563 asistencias, o que supón unha media de 74 asistentes por clase, e ás que se poden sumar as 704 asistencias da sesións da tarde. A mesma iniciativa contou con 413 asistencias no parque de Oza, --tamén no mesmo horario matutino, pero impartidas os martes e xoves--; mentres que ás clases de tai chi --luns, mércores e venres, de 10.30 a 11.30 horas-- asistiron en Riazor 2.386 persoas --unha media de 69 por sesión--, 949 no parque de Vioño --10.30 a 11.30 horas martes e xoves--, e 801 no Matadoiro --19.00 a 20.00 martes e xoves--.

Pola súa banda, as clases de pilates, que se celebraron no parque Europa --luns, mércores e venres, de 19.00 a 20.00--, Oza --martes e xoves, de 10.30 a 11.30-- e Vioño --martes e xoves, de 18.30 a 19.30 horas--, acadaron 853, 493 e 701 asistencias, respectivamente. Por último, a novidade desta edición, zumba, rexistrou 1.388 asistencias no Matadoiro --unha media de 53 persoas por sesión, celebradas os luns, mércores e venres entre as 18.00 e as 19.00 horas -- e 1.310 en Riazor --martes e xoves, de 11.30 a 12.30 horas--

No marco do programa lecer activo --durante as fins de semana-- realizáronse até seis sesións diferentes de andainas, divírtete co teu can ou roteiros en patíns en horario de mañá, tanto sábado como domingo, nas que se contaron 158, 171 e 209 asistencias, respectivamente. Finalmente, ao longo do verán 207 persoas participaron nas propostas que tiveron lugar nos diferentes parques saudables, entre as 10.00 e as 11.00 horas

Datos por meses

O mes que máis asistencias rexistrou o programa municipal Coruña en forma foi agosto, no que se deron un total de 5.693 asistencias. A actividade máis demandada foi, como no caso do cómputo xeral, a ximnasia aeróbica en horario de maña que se realizou en Riazor --impartida os luns, mércores e venres, de 11.30 a 12.30 horas-- e que contou cunha asistencia media de 89 persoas por sesión; seguida, na mesma localización,  de tai chi --83 persoas de media-- e zumba --66 persoas--.

Pou outra banda, no mes de xullo rexistráronse 3.168 asistencias ás diferentes actividades, mentres que en setembro foron un total de 4.445. Para máis información sobre a programación de Coruña en Forma, que se realiza en colaboración con Hornos San Brandán, pódese visitar o web municipal www.coruna.gal/deportes.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?