Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

15 de marzo de 2019

O Teatro Rosalía de Castro acollerá o xoves 21 a gala dos XXIII Premios María Casares, "a gran festa artes escénicas galegas"

O concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, participou esta mañá na presentación da cerimonia, na que doce montaxes son finalistas

O Pazo de María Pita acolleu esta mañá a presentación da 23ª edición dos premios do teatro galego María Casares, cuxa gala terá lugar o vindeiro xoves, 21 de marzo, ás 20.30 horas no Teatro Rosalía Castro. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, valorou positivamente a celebración, un ano máis na cidade, "da gran festa do teatro galego, un acto máis que relevante para este Concello, e que dará conta do nivel de excelencia das nosas artes escénicas".

O concelleiro de Culturas, quen saudou a elección de David Rubín como autor do cartel desta edición, estivo acompañado na presentación pola vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín; o director da Axencia Galega de Industrias Culturais, Jacobo Sutil; a vicepresidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), Mabel Rivera; o presidente do Consello Territorial da SGAE, Juan Rivas, e dos actores coruñeses Juanillo Esteban e Carlos Sante, que serán os responsables de dirixir unha gala que se poderá seguir, ao vivo, desde as 20.30 horas a través da canle de Youtube da AAAG xa que, tal e como apuntou Mabel Rivera, este ano a gala non se emitirá na canle pública galega. "Tomamos esta decisión ante o feito de que non haxa posibilidade de retransmitir a cerimonia en directo, logo de anos facéndoo de madrugada. Estamos a falar cun trato desfavorable, por parte da administración autonómica, a unha actividade pioneira na transmisión de valores culturais en galego, como é o noso teatro", aseverou a actriz.

Un total de doce espectáculos finalistas competirán polos galardóns. Commedia, de Contraproduccións, opta a un total de 12 premios do teatro galego; Divinas Palabras Revolution, do Centro Dramático Galego, é finalista en 7 categorías, e A leituga, de Emedous, aspira a acadar 5 galardóns. Ademais, outras pezas como Invisibles, de Redrum Teatro, e A Casa O'Rei, de Ibuprofeno Teatro, optan a 4 premios. A obra O servidor de dous amos, de Talía Teatro, é finalista en 3 modalidades, mentres que montaxes coma #Camiños, Anatomía dunha serea, ou A nena e o grilo competirán en 2 categorías. Completan o cadro de finalistas Arnoia Arnoia, Contos do Recreo e Patapatúm. Este ano, por primeira vez, non se entregarán as tradicionais xerras de Sargadelos, que se substituirán por un trofeo deseñado por Paula Pereira como protesta da AAAG polas actuacións da dirección da empresa fronte ao seu cadro de persoal. "Como asociación valoramos o diálogo á hora de solventar conflitos laborais e cumprimentos. Apostamos pola conversa e parécenos que non se está a abordar así desde a fábrica", apuntou Rivera.  

Durante a gala, na que as Aulas de Teatro Universitario de Vigo e Ourense recibirán este ano o Premio de Honra Marisa Soto, o actor Carlos Santiago dará lectura ao Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro. Pola súa banda, tanto Estaban como Sande salientaron a participación na cerimonia de actrices e actores con bagaxe nas artes circenses, ademais de rostros recoñecidos da escena teatral galega. "Será unha gala de época e dinámica, que trasladará ao público a un pasado glorioso a través da mistura do teatro e circo", apuntaron durante a presentación.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?