Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

14 de noviembre de 2017

Os centros cívicos municipais ofrecen 540 prazas para participar nos campamentos urbanos infantís deste Nadal

Foto das actividades infantís dun dos campamentos do centro cívico da Cidade Vella

A Concellería de Xustiza Social e Coidados abrirá os días 1 e 2 de decembro o prazo de preinscrición para as actividades, que se desenvolverán entre o 22 de decembro ao 5 de xaneiro

A Concellería de Xustiza Social e Coidados abrirá os vindeiros días 1 e 2 de decembro o prazo para preinscribirse nos campamentos urbanos de Nadal dos centros cívicos municipais, que nesta edición ofertan 540 prazas para nenos e nenas (15 delas para menores con necesidades especiais) e que se celebrarán en 19 centros da rede, como son o centro cívico de Artesáns, os de Feáns, Os Mallos, A Silva, Labañou, Palavea, O Castrillón, Mesoiro, o dos Pescadores, o centro cívico da Cidade Vella, Monelos e Os Rosales e, igualmente, os de Eirís, Monte Alto, Sagrada Familia, Elviña Novoboandanza, San Diego e Santa Margarita.  A concellería resérvase ata un 20% das prazas dispoñibles para ofertar a persoas beneficiarias de programas sociais.

As actividades, dirixidas a nenas e nenos nados entre xaneiro do 2005 e decembro do 2013,  terán lugar os días 22, 26, 27, 29 e 29 de decembro, e 2,3,4 e 5 de xaneiro, en horario de 10.00 a 14.00 horas -con posibilidade de horario ampliado, entre as 09.00 e sa 14.30 horas nos centros cívicos de Castrillón, Mesoiro, Monte Alto, Mallos, Monelos, Rosales e San Diego-, e incluirán xogos individuais e cooperativos, actividades lúdicas, artísticas e musicais, cunha hora diaria para a práctica da lingua inglesa. O custo por participante é de 26 euros, e 32 o do horario ampliado.

O prazo de preinscrición estará aberto o 1 e 2 de decembro, de 11.00 a 13.30 horas e de 17.00 a 20.30 horas en cada un dos centros -realizarase naquel no que se queira obter praza-, e o sorteo de prazas realizarase en cada centro ás 20.35 horas do día 2. En todos os centros haberá sorteo, xa que en función da demanda realizarase a distribución final de grupos. As listas de persoas admitidas e de reserva faranse públicas o 14 de decembro, e poderán consultarse nos centros cívicos, no teléfono de información 010 e na web municipal. Desde a concellería advirten de que só será posible realizar unha preinscrición por menor; en caso de detectarse varias, anularanse todas as preinscricións. A inscrición definitiva realizarase os días 15 e 16, de 11.00 a 13.30 horas e de 17.00 a 20.30 horas no centro cívico onde se obtivo a praza. Nese momento será necesario aboar o custo por participante e asinar as autorizacións correspondentes.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?