Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

4 de enero de 2019

Un total de 237 mozos e mozas recibiron información sobre a prevención de consumo do alcol e ao coidado ambiental nos xardíns de Méndez Núñez co proxecto piloto ‘Coida de ti, coida do teu’, da Concellería de Xustiza Social

As persoas participantes recibiron tamén boletos para participar nun concurso de actividades alternativas na cidade ao entregar ao persoal do punto de atención bolsas con residuos

O programa municipal de prevención 'Coida de ti, coida do teu' permitiu ofrecer información a 237 mozos e mozas sobre os riscos de consumo excesivo de alcol e de sensibilización ambiental, así como recoller 166 bolsas de lixo no transcurso de nove noites nos xardíns de Méndez Núñez. A Concellería de Xustiza Social e Coidados puxo en marcha esta iniciativa piloto, que se desenvolveu nas noites de xoves e sábados durante as dúas últimas semanas do mes de novembro e en decembro, pola que se situou nos xardíns de Méndez Núñez un posto, de 23.00 a 03.00 horas con persoal de atención especializado e contedores, para a difusión de información preventiva sobre os riscos asociados ao consumo excesivo de alcol e tamén das actividades de lecer alternativas que existen na cidade, así como para facer un labor de sensibilización respecto do coidado do medio ambiente e do patrimonio. "O goberno local considera que a educación e o acceso a información son dúas das ferramentas imprescindibles para poder incidir nun cambio necesario, como é o coidado da saúde e do medio natural, e cara a iso está enfocada esta iniciativa piloto", sinala a concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán.

Dende este posto, o persoal, cualificado e cunha identificación específica durante o desenvolvemento das tarefas, repartiu un total de 237 bolsas do lixo entre as persoas mozas que se atopaban nos xardíns de Méndez Núñez, e que retornaron un 70% das bolsas cheas de vidro e plástico. Estes mozos e mozas, que presentaban unha media de idade de 20,2 anos e eran nun 60% homes, conseguiron boletos para participar nun sorteo sorteo semanal de actividades de lecer saudable para catro persoas, como son unha sesión de escapismo, paintball ou karting.  Os sorteos realizáronse todos os luns, ás 16.15 horas, no salón de actos do centro cívico dos Rosales e o resultado dos mesmos --así como as bases--, pódense consultar na páxina web municipal www.coruna.gal/servizossociais

"Este programa incide na educación e na sensibilización como vía para previr situacións de abuso no consumo do alcol. A iniciativa forma parte do Programa Municipal de Prevención de Adiccións 2018, que engloba distintas accións vinculadas á prevención tanto no ámbito educativo coma no comunitario como Non pases por un mal trago, que propón a substitución das sancións por consumo de alcol por cursos psico-educativos preventivos, ou Prevención exprés: alcol, que se desenvolveu coas mozas e mozos que participaron nas actividades do programa de lecer saudable durante o verán", explica a concelleira.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?