Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

22 de octubre de 2019

Villoslada: “A construción de vivendas de alugueiro social en Marqués de Pontejos permitirá rehabilitar unha zona moi degradada no centro da cidade”

O concello asinou esta mañá un convenio de colaboración co Ministerio de Fomento e a Xunta para a reforma e construción dun bloque de pisos na contorna do mercado de San Agustín

O edil de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, asinou esta mañá na sede da Delegación do Goberno un acordo co Ministerio de Fomento e a Xunta para a rehabilitación e construción de vivendas destinadas a alugueiro social na rúas de San Nicolás e Marqués de Pontejos. Unha actuación que, ademais do seu marcado carácter social, servirá "para rehabilitar e poñer en valor unha zona, na contorna do mercado de San Agustín, moi degradada.", explicou Villoslada.

Neste senso, apuntou o edil, o concello aposta pola rehabilitación e o peche de zonas desocupadas no centro urbano. Ao mesmo tempo, pretende incrementar de forma paulatina o parque de vivenda pública destinado a lles garantir unha vivenda a todas as persoas.O proxecto supón un investimento de 1.048.822 euros, dos que Xunta e Estado achegarán 91.800 euros para a reforma das vivendas. As achegas do Concello aparecen xa consignadas no proxecto de orzamentos de 2020, pero deben modificarse as datas dos investimentos. A actuación enmárcase dentro do programa de fomento do alugueiro do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 que convoca a Xunta. O concello dispón dun prazo máximo de 2 anos para levar a cabo as obras.

O arquitecto Jorge Salgado foi o encargado de deseñar o proxecto que conta cun novo bloque de vivendas que dispoñerá de dous apartamentos en dúplex de dous dormitorios cada un na rúa Marqués de Pontejos e outros tres dun dormitorio no edificio existente en San Nicolás. O plan recolle a posibilidade de integrar nos baixos dous locais sen uso específico.

A rehabilitación debe harmonizar, por unha banda, o trazado medieval do barrio de Pescaría, ao que pertence o edificio de San Nicolás, e por outro, a apertura de Marqués de Pontejos, de principios do século XX, de vocación racionalista, e que serviu para comunicar o mercado de San Agustín coa Estreita de San Andrés.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?