Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

13 de septiembre de 2018

Xiao Varela convoca para mañá a comisión de Rexeneración Urbana “para dar máxima transparencia a todos os acordos que se adoptarán con respecto ao Concurso de Adquisición de Vivenda Pública”

O concelleiro explicará aos grupos da oposición os pasos a seguir que se adoptarán na Xunta de Goberno Local tras coñecerse os ditames do Consello Consultivo, encamiñados a “dotar das máximas garantías as políticas municipais de vivenda pública”

O concelleiro Xiao Varela convocou para mañá, venres, a comisión de Rexeneración Urbana, na que están presentes todos os grupos da oposición, coa finalidade de dar traslado dos ditames do Consello Consultivo de Galicia en relación ao Concurso Público de Adquisición de Vivenda, así como de explicar os acordos que, ao respecto, se adoptarán en Xunta de Goberno Local. O edil manifestou a intención do executivo municipal "de dotar da máxima transparencia todas as accións que se levarán a cabo, que están encamiñadas a dar máximas garantías ás políticas públicas de vivenda deste Concello". "A información dos ditames está xa colgada na páxina web municipal ao dispor de calquera cidadán e de calquera cidadá. Aínda así, imos responder a todas as dúbidas que se poidan presentar", aclarou.

A comisión de Rexeneración Urbana terá lugar antes da celebración da Xunta de Goberno Local na que, entre outros asuntos, se dará luz verde a distintas medidas derivadas da doutrina dos ditames do Consultivo e encamiñadas a depurar calquera tipo de erro técnico producido durante o desenvolvemento do concurso. Deste modo, o executivo municipal declarará a nulidade da resolución mediante a cal o Concello aprobou a adquisición dun inmoble na rúa Joaquín Martín Martínez no marco do Concurso Público de Adquisición de Vivenda, posto en marcha co obxectivo de aumentar o parque público de vivenda e facilitar o acceso á mesma da veciñanza con maiores dificultades, proporá a anulación da adquisición doutro inmoble, neste caso na rúa Santander, e dará luz verde aos trámites para a revisión de oficio doutros tres máis.

O pasado mércores, o órgano consultivo remitiu ao Concello dous ditames solicitados polo goberno local, que elevou a este órgano dúas propostas de resolución, elaboradas previo informe da Asesoría Xurídica municipal, en relación á revisión de oficio das autorizacións para a adquisición de dúas vivendas dentro do concurso público, unha en Joaquín Martín Martínez e outra na rúa Santander. Ambas resolucións aprecian deficiencias no procedemento.

En concreto, o órgano consultivo estimou, do mesmo xeito que xa propugnaba o Concello na súa proposta de resolución, que o acto administrativo no caso da vivenda de Joaquín Martín Martínez é nulo. Pola contra, a proposta de resolución remitida dende o Concello para a compra do piso da rúa Santander propugnaba a desestimación da nulidade da autorización da compra, en base aos informes tanto da Asesoría Xurídica como do propio servizo de rehabilitación e vivenda. Non obstante, neste caso, o órgano consultivo ditamina que tamén procede a nulidade, xa que considera que o inmoble en cuestión incumpre un requisito esencial das bases, no relativo ao que debían ser vivendas con dous ocos á vía pública. A Xunta de goberno local dará o visto e prace na súa reunión de mañá á revisión de oficio da resolución de autorización do contrato de compravenda do citado inmoble, ao entender que, á vista do ditame do Consultivo, concorre en causa de nulidade.

Por outro lado, como xa onte indicou na súa comparecencia pública o concelleiro Varela, e á vista da doutrina dos ditames do Consello Consultivo sobre a adquisición destes dous inmobles, o goberno local quere que o Consultivo "chegue até o final" e tamén iniciará o procedemento de revisión de oficio respecto a outros dous pisos adquiridos dentro do concurso de vivenda, así como ampliará o procedemento xa iniciado pola Xunta de goberno local respecto doutro inmoble para incluír unha nova causa de nulidade invocada polo Consello Consultivo.

Así, a Xunta de goberno local deste venres dará luz verde ao inicio de procedemento de revisión do inmobles situados na Barreira, Almirante Mourelle e Fe. Isto implica que o Concello trasladará ás persoas interesadas a posibilidade da existencia e causas que deriven na nulidade do proceso administrativo que derivou na adquisición dos tres inmobles. Estas persoas poderán presentar os documentos e alegacións que estimen pertinentes. En calquera caso, recibidas as alegacións e elaborados os informes proposta pertinentes, toda a información será remitida ao Consello Consultivo para a emisión dun ditame.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?