Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

11 de febrero de 2019

Xiao Varela reivindica que o Concello “non renunciará a cumprir o mandato da cidadanía de que o cárcere provincial sexa un espazo aberto e participado”

As condicións do convenio até o de agora vixente impedían ao Concello acometer o investimento necesario para poñer a punto o edificio e frear o grave deterioro que sofre, feito polo cal o goberno local decidiu non prorrogar a súa continuidade

O concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, reivindicou nesta xornada "a vontade do goberno local de seguir a traballar para conseguir que o antigo cárcere provincial sexa un espazo cidadán seguro, accesible e con todas as garantías". "A renuncia do Concello a prorrogar o actual convenio de cesión de usos do edificio que ten coa Sociedade de Infraestruturas e Equipamentos Penitenciarios (SIEP) deriva, precisamente, das dificultades que presenta o actual acordo que, neste momento, deixaba as mans atadas ao Concello para poder poñer a punto o edificio", aclarou o responsable municipal, que insistiu en que, "o feito de non seguir adiante con este convenio nas condicións actuais, para nada supón que renunciemos ao cárcere".  "A apertura deste espazo á cidadanía é un obxectivo de programa deste goberno. Non obstante, debemos facelo con todas as garantías e niso é no que estamos a traballar", dixo o edil. "O goberno local aposta dende o primeiro día por recuperar este edificio. O que ocorre é que existen moitas outras administracións que levan moito tempo poñendo atrancos", recordou. "O desleixo por parte de anteriores gobernos e administracións é o principal motivo do grave estado de deterioro que presenta o equipamento", recordou.

Tal e como estaba formulado o convenio de cesión entre Concello e SIEP, en vigor até o pasado día 15 de xaneiro, o Concello non podía realizar o investimento necesario para a adecuada posta a punto do edificio. "O convenio establecía un límite orzamentario que se demostrou moi insuficiente, de 300.000 euros, a vista do grave deterioro do inmoble, que quedou exposto unha vez comezaron os traballos de adecuación", manifestou Varela, que salientou tamén os obstáculos que implica o feito de que a infraestrutura non sexa de titularidade municipal. "Como o Concello, polo momento, non é o titular do cárcere, está imposibilitado legalmente para asumir o forte investimento que sería necesario para frear o grave deterioro que sofre e que se demostrou cando comezaron as obras impulsadas polo goberno para posibilitar a súa apertura", explicou. "O convenio co SIEP non nos permite investir a cantidade precisa para rehabilitar o espazo pero, á vez, fainos responsables da conservación do edificio mentres dura a cesión de usos", contrapuxo.

Cambio de titularidade ou cesión indefinida

Ante esta situación, o titular de Rexeneración Urbana reitera que a folla de ruta do goberno local pasa por "continuar loitando para que a administración local obteña a titularidade do edificio e que, mentres iso non ocorre, o SIEP asuma as súas responsabilidades". "No inmediato, imos solicitar unha nova reunión urxente co SIEP para seguir buscando alternativas que nos permitan avanzar na recuperación do cárcere para a cidadanía", indicou Varela.

Antes de renunciar á prorroga do anterior convenio de cesión, o goberno local fixo a  Equipamentos Penitenciarios dúas propostas, dirixidas a outorgar ao Concello da Coruña da capacidade necesaria para poder actuar no edificio. A primeira opción pasaba por ceder ao goberno local a titularidade do equipamento á espera do fallo xudicial sobre a mesma, mentres que a segunda proposta era a dunha cesión de usos, neste caso, indefinida. "Trátase, en ambos casos, de solucións que permitirían ao Concello investir no inmoble, á vez que amortizar ese cuantioso gasto", explicou o edil Varela, que indicou, como exemplo, "que só a renovación da envolvente do edificio está taxada nuns 13 millóns de euros".

A este respecto, a concelleira de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso, manifestou que "o compromiso do goberno local coa apertura e recuperación do cárcere para a cidadanía non está en cuestión". "Foi este goberno local e non ningún dos anteriores o que logrou abrir o cárcere á cidadanía. Na actualidade, o executivo coruñés segue a buscar fórmulas para recuperar este espazo, mentres existen outras administracións e outras formacións que parece que non están pola labor", comentou, á vez que lamentou "a oposición radical amosada polo PP á apertura do cárcere, que parece moito máis interesado en evitar que se free o deterioro do edificio".

A concelleira quixo agradecer o traballo realizado por todas as persoas e entidades que traballaron e traballan a prol da recuperación deste simbólico espazo. "O goberno local continúa traballando para dar cumprimento a un mandato da cidadanía", explicou.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?