Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

8 de octubre de 2019

Xurxo Souto, Lydia Botana e Vudú, no AgoraSón do outono 2019

Con motivo do Día das Bibliotecas, que se vén celebrando o 24 de outubro, e para promover a lectura, a escoita e o visionado de libros, música e filmes en lingua galega, Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza o AgoraSón outono 2019, con Xurxo Souto, Lydia Botana e Vudú en concerto.

As voces de Xurxo Souto, Lydia Botana e as Vudú serán as protagonistas no AgoraSón do outono 2019, que se realizará no auditorio do Centro Ágora.

Os tres proxectos musicais serán protagonistas dun moi diferente e heteroxéneo AgoraSón, que se desenvolverá o venres 25 de outubro, ás 21.00 h. A cita, organizada por Normalización Lingüística do Concello da Coruña, onde se aposta pola visibilización de persoas vencelladas á arte e á cidade, principalmente mulleres.

O AgoraSón é unha iniciativa gratuíta e aberta á veciñanza que procura promover a cultura en lingua galega, así como proporcionar alternativas de lecer na poboación moza e adulta e promocionar a música na lingua do país.

Non perdades a oportunidade de ver xuntas a Lydia Botana, Xurxo Souto e Vudú (Belém Tajes, Maritxinha e Bruno Couceiro), xa que, aínda que as súas propostas musicais son absolutamente diferentes, o elemento sorpresa e a complicidade entre elas ha estar presente durante as case dúas horas de duración do concerto.

Para poder asistir ao concerto, a cidadanía só precisa recoller os convites nos distintos centros da rede de bibliotecas municipais, no seu horario habitual de apertura a partir do 14 de outubro, e que se reparten pola retirada de libros ou material audiovisual en galego. Con cada carné de socia ou socio poderase coller até un máximo de dous convites para este espectáculo.

Documentos:

Cartel do AgoraSón outono 2019 - (1 MB)

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?