Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Trámite de emenda das solicitudes Subvenciones 2019

ANUNCIO

Trámite de emenda das solicitudes para participar na Convocatoria de subvencións para entidades sen ánimo de lucro para a promoción e o fomento do deporte no Concello da Coruña 2019

Pode consultalo na seguinte ligazón:

Tramite de emenda das solicitudes Subvenciones 2019

Prazo: do 15 ao 28 de novembro de 2019

Publicación - Convocatoria de subvencións para o ano 2019

ANUNCIO

Publicación da convocatoria de subvencións para o ano 2019, desde 1 de xaneiro ata o 31 de decembro, destinadas á promoción e o fomento do deporte no Concello da Coruña.

BOP número 197 do 16 de outubro de 2019

Aberto o prazo de solicitude ata o 31 de outubro de 2019 para a distribución de 60.000,00 € ampliables a 120.000,00€ por procedemento de concorrencia competitiva.

¿Quen pode solicitar?

As asociacións, clubs, federacións, fundacións e demais entidades sen ánimo de lucro, legalmente constituídas como tales e inscritas no rexistro correspondente, que poidan levar a cabo os proxectos, programas e/ou actividades definidos no obxecto desta subvención e que cumpran os requisitos establecidos nas bases da convocatoria.

¿Cal é o obxecto?

As actividades integradas nos tipos seguintes:

1. Programas de Actividade Deportiva: segundo a Lei 3/2012 do 3 de abril, de Deporte de Galicia (en diante LDG) considérase actividade deportiva o exercicio físico regulado, cuxo principal obxectivo é a participación e/ou consecución dun resultado deportivo en competicións desenvolvidas no ámbito federativo ou nas competicións recoñecidas pola Administración deportiva autonómica.

1.1. Aquelas entidades que reciben axuda directa municipal, e que por motivo dos seus resultados deportivos amplíen o seu calendario de competicións en categorías de formación, con Campionatos de España e/ou fases de intersectores clasificatorios para os mesmos, poderán solicitar subvencións neste apartado para esas situacións concretas, e non para as súas competicións ordinarias.

2. Programas de Actividade Física: segundo a LDG, considérase actividade física o exercicio físico desenvolvido co principal obxectivo de mellorar a condición física e/ou a ocupación activa do tempo de lecer, e de favorecer o desenvolvemento integral da persoa.

3. Deporte para todos: promoción do deporte en sectores sociais especiais por razóns de idade, condición física ou psíquica ou situación persoal.

4. Deporte autóctono e na natureza: promoción dos deportes tradicionais e autóctonos galegos. Expedicións de montaña e noutras actividades vinculadas coa natureza.

5. Organización de actividades deportivas de carácter extraordinario.

¿Para cantas actividades podo solicitar?

Poderá solicitarse subvención para unha ou varias actividades nunha única solicitude, e deberá neste caso indicar a persoa interesada cada actividade de forma independente.

¿Cal é o límite máximo subvencionable para cada tipo de actividade?

O importe máximo do orzamento susceptible de ser subvencionado será do 80% do seu total. O 20% restante debera ser captado pola entidade a travésde recursos propios e/ou recursos procedentes doutras persoas e/ou entidades públicas ou privadas.

Para cada un dos tipos de actividades o importe máximo subvencionable para unha única entidade é de 4.000,00 €.

¿É compatible con outras axudas?

Esta subvención é compatible con outras axudas, de entidades públicas ou privadas. Tendo en canta que a suma total de ingresos non superará o custo da actividade xustificada.

¿Cal é a documentación para presentar?

Pode descargarse na Sede electrónica do Concello da Coruña

¿Onde podo presentar a solicitude?

Na Sede electrónica do Concello da Coruña ou en calquera dos Rexistros de Entrada do Concello con destino ao Servizo Municipal de Deportes.

Tamén poderán presentarse por calquera dos medios regulados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para calquera dúbida ou aclaración pode contactar connosco no teléfono 981184200 e 981189800, extensións 25030 e 25035.

Tamén pode consultar a Sede electrónica do Concello da Coruña ou a Base de Datos Nacional de Subvencións

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?