Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Convocatoria para as Novas Prazas EDMs Curso 2019 - 2020

Convocatoria de Novas Prazas EDMs Curso 2019-2020

Bases das novas solicitudes e matriculacións

Esta concellaría presta conformidade ás bases da convocatoria de renovación e novas matrículas das Escolas Deportivas Municipais (en diante EDM) do Servizo Municipal de Deportes (en diante SMD), segundo a normativa de uso das instalacións deportivas, EDM e outras actividades (aprobada pola Xunta de Goberno Local o 20 de xullo de 2007).

Constitúe o obxecto destas bases a matrícula nas EDM; tanto que se trate da renovación do alumnado asistente durante o curso anterior como das vacantes que se produzan ou de novas modalidades para impartir durante o vindeiro curso.

(EXTRACTO, pode consultar as bases completas nesta ligazón)

1.- Datas de presentación de solicitudes de preinscrición: do 2 de setembro as 00.00h ata as 13.30 h do 9 de setembro.

2.- Lugar de presentación de solicitudes de preinscrición: as solicitudes presentaranse cubrindo o seguinte formulario, agás os cursos de recuperación funcional.

  • FORMULARIO DE SOLICITUDE DE EDM - CURSO 2019/20 (Dispoñible a partir do 2 de setembro)

Cando a persoa non dispoña dos medios necesarios para facer a solicitude telemática, poderá acudir de xeito presencial -para que lla realicen- ás oficinas doSMD situadas na Cidade Deportiva da  Torre, Palacio de Deportes de Riazor e Polideportivo do Barrio das Flores, no horario do rexistro e atención ao públicodo concello (de 08:00 a 13:30h)

As solicitudes de preinscrición en EDM impartidas nas instalacións de San Amaro e San Diego deberanse formalizar nos devanditos centros e no horario de atención ao público establecido nos mesmos.

3.- Número de cursos por persoa:  Cada persoa poderá solicitar un máximo de dous cursos, pero só poderá matricularse nun único curso. Se alguén solicitase máis de dous cursos só se terán en conta as dúas primeiras solicitudes rexistradas por esa persoa. 

Iso non obstante, se unha vez rematada a convocatoria houbese prazas vacantes, poderá realizarse a matrícula nos cursos que estean dispoñibles. 

4.- Listaxes provisionais: publicaranse o día 11 de setembro.

5.- Prazo e lugar de presentación de alegacións: os días 12 e 13 de setembro nas oficinas do SMD (sitas na cidade deportiva da Torre, polideportivo do Barrio das Flores e Palacio dos Deportes de Riazor), en horario de 08.00 a 13.30 h.

6.- Orde de preferencia: Nos supostos en que o número de prazas ofertadas sexa menor das demandadas, para a orde de preferencia teranse en conta primeiro as persoas empadroadas no Concello da Coruña e, se aínda así resultase necesario, realizarase un sorteo público (para cada unha das escolas deportivas) na oficina administrativa do Palacio dos Deportes de Riazor ás 10:00 horas do día 16 de setembro, conforme o procedemento establecido no apartado IV.5) das presentes bases.

7.- Listaxes definitivas: publicaranse o día 17 de setembro.

8.- Prazo e lugares de matrícula para todo o alumnado: Realizarase do 18 ao 24 de setembro.

Nos días 18 e 19 soio se poderá matricular nas oficinas do SMD sitas no Palacio dos Deportes de Riazor de 08:00 a 14:00h, e no resto dos días poderá facerse indistintamente nas oficinas da Torre, Barrio de Las Flores ou Riazor. No caso de que se trate de escolas impartidas nas instalacións de San Amaro e San Diego deberanse realizar exclusivamente nos devanditos centros e no horario de atención ao público establecido nos mesmos.

Haberá un único período de matrícula para inscribirse nas EDM.

Só se poderán matricular as persoas ás que lles correspondese praza e non haberá listaxes de espera posteriores.

Rematado o prazo de matrícula e no suposto de quedar prazas vacantes, publicaranse o día 25 de setembro na páxina web www.coruna.gal/deportes, nos taboleiros de anuncios das instalacións deportivas e no teléfono de atención cidadá 010, e abrirase un prazo de 5 días hábiles do 26 de setembro ao 2 de outubro no que se poderá matricular calquera persoa preinscrita na actividade​

Estas matriculacións efectuaranse por rigorosa orde de chegada ás oficinas do SMD (sitas na cidade deportiva da Torre, polideportivo do Barrio das Flores e Palacio dos Deportes de Riazor).

A partir do 2 de outubro e ata o último venres de marzo, todos os venres a partir das 14:00h publicaranse na páxina web www.coruna.gal/deportes, nos taboleiros de anuncios das instalacións deportivas e no teléfono de atención cidadá 010 as prazas que aínda quedasen vacantes, e as matrícula permanecerán abertas ata as 14:00h do venres seguinte á última publicación. Así mesmo, na devandita páxina web indicarase o xeito de proceder, en data e forma, con estas matrículas.

Exceptúanse de punto anterior as EDM para menores de 18 anos, nas que por motivos didácticos e pedagóxicos só permanecerán abertas as matrículas ata o 30 de decembro, salvo que polo baixo índice de matriculación e sempre apoiado por informes favorables do SMD, se decida - excepcionalmente - permitir a matriculación nun período posterior.

CADRO DE PRAZAS DISPOÑIBLES

Cadro de prazas dispoñibles para as EDM do Curso 2019/2020

O cadro de prazas dispoñibles publicarase unha vez rematada a convocatoria de renovación das EDM para o Curso 2019/20

RECUPERACIÓN FUNCIONAL

A admisión na EDM de Recuperación Funcional deberá ser informada favorablemente, logo da previa valoración funcional, polo fisioterapeuta municipal ou, de ser o caso, por un profesional competente designado polo Servizo de Deportes.

O procedemento será o seguinte:

  1. Presentarase unha solicitude nos rexistros do SMD (sitos na Cidade Deportiva da Torre, polideportivo do Barrio das Flores e Palacio dos Deportes de Riazor).
  2. A persoa presentarase para ser valorada no lugar, día e hora que lle indique o Servizo de Deportes, e deberá levar consigo o diagnóstico clínico e outros datos e/ou informes que considere de interese.

O cadro de prazas dispoñibles publicarase unha vez rematada a convocatoria de renovación das EDM para o Curso 2019/20

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?