Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Cando:

25 de setembro de 2008

A Concellería de Infraestruturas continúa así co cumprimento do plan de asfaltado e co plan de embelecemento da cidade impulsado polo alcalde

O Concello renovará o pavimento da Avenida da Mariña cun investimento de preto de 300.000 euros

O Concello da Coruña, a través da Concellería de Infraestruturas que dirixe Esteban Lareo, investirá 283.182,03 euros no proxecto de fresado e pavimentación da Avenida da Mariña, incluído no plan de pavimentación integral da cidade. Ademais, desta forma, o goberno local coruñés continúa cumprindo co compromiso adquirido para mellorar as infraestruturas e servizos nos barrios.

A memoria do proxecto para a Avenida da Mariña recolle que se renovará o firme, que se repintará a súa sinalización horizontal e se renovará un tramo de beirarrúa da avenida fronte á Subdelegación do Goberno con laxas de granito. O concurso recolle tamén que para realizar as obras será necesario colaborar coa Policía Local para sinalizar o tráfico e considerarase a execución dos traballos en horario nocturno ou fins de semana.

En total, repararanse 9.500 metros cadrados de superficie na Avenida da Mariña, dende Porta Real ata o Obelisco. Ademais, 220 metros cadrados da beirarrúa fronte á Subdelegación do Goberno. O prazo de execución dos traballos é de catro meses, unha vez adxudicada a obra.

A obra responde a unha petición veciñal e é un paso máis no cumprimento do plan de pavimentación integral da cidade, no que se investiron xa máis de dous millóns de euros. Entre as próximas actuacións, destaca o próximo inicio das obras de renovación do asfaltado no acceso ao hospital universitario e nun tramo da avenida do Xeneral Sanjurjo.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?