Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Facturación electrónica

Obrigados a partir do 15 de xaneiro de 2015 (*)

As seguintes persoas xurídicas provedoras de bens e servizos ao Concello da Coruña

  • Sociedades anónimas
  • Sociedades de responsabilidade limitada
  • Unións temporais de empresas

estarán obrigadas a partir da data que se indica ao uso da factura electrónica e á súa presentación a través do Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas da Administración Xeral do Estado (FACe), por tanto a partir do 15 de xaneiro de 2015 o Concello procesará e tramitará as facturas presentadas a traves da plataforma FACe.

Accedendo ao enderezo: https://face.gob.es/, apartado "consulte o directorio de unidades", poderá identificar os distintos niveis da organización municipal aonde deben dirixir as facturas (Oficina Contable, Órgano Xestor e Unidade Tramitadora). A ligazón indicada proporciona a información necesaria para a remisión e consulta das facturas presentadas, así como temas de axuda para solución de incidencias.

As facturas que deban ser dirixidas ao Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE), enviaranse á Unidade tramitadora "A0002497 administración IMCE".

(*) Art. 4 e disposición final 8ª da Lei 25/2013, do 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable de facturas no sector público.

NON OBRIGADOS

As persoas físicas e entidades non relacionadas no apartado anterior, poderán de maneira voluntaria facturar electronicamente de acordo co procedemento descrito. No caso de que optasen por continuar presentando as súas facturas en papel, a partir do 15 de xaneiro de 2015 deberán indicar na parte superior dereita da factura o código da unidade tramitadora á que a dirixan.

Consulta das unidades xestoras

Se desexa recibir avisos sobre incidencias de tráfico no seu navegador subscríbase abaixo. Os avisos recibiranse exclusivamente no navegador desde o que se subscribiu.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?